Saturno I (denominado no seu momento tamén Juno V e Saturno C-1) foi o nome dun foguete dos Estados Unidos que deu comezo á familia de foguetes Saturno e que culminuou no Saturno V. Foi o maior foguete dos Estados Unidos ata aquel momento.
Características O Saturno I foi deseñado polo equipo de Wernher von Braun e consistía nun conxunto de oito tanques procedentes de foguetes Redstone rodeando un tanque dun Jupiter C e propulsado por oito motores H-1. O deseño en conxunto de tanques foi alcumado humoristicamente como Cluster's Last Stand (xogo de palabras con Custer's Last Stand, como se denomina ás veces á batalla de Little Bighorn). O foguete foi ideado inicialmente para levar a cabo os primeiros voos circumluares do proxecto Apollo, pero foi desenvolvido tan de xeito temperán que non había naves tripuladas dispoñibles para ser usadas nel.
Os foguetes Saturno I clasifícanse en dous grupos:
Os do Bloque I non levaban segundas e terceiras etapas funcionais, senón maquetas recheas con auga e lastre e fixeron voos suborbitais. Os do Bloque II usaron segundas e terceiras etapas funcionais e foron lanzados en traxectorias orbitais.
O foguete fixo dez lanzamentos, a maior parte de proba. Varios refinamentos e melloras posteriores diron lugar ao Saturno IB.
Historial de lanzamentos
Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas SA-1 27 de outubro de 1961 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Primeiro lanzamento dun Saturno I. Voo suborbital con 136 km de apoxeo. SA-2 25 de abril de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Segundo voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 145 km. O foguete foi explotado intencionadamente no apoxeo. A carga, dous tanques de auga simulando as segunda e terceira etapas, formaron unha nube de xeo a grande altitude no que se deu en chamar proxecto Highwater. SA-3 16 de novembro de 1962 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Terceiro voo de probas, suborbital, cun apoxeo de 167 km. Segunda proba do proxecto Highwater. SA-4 28 de marzo de 1963 Cabo Cañaveral LC-34 N/A Éxito Cuarto voo de probas suborbital, cun apoxeo de 129 km. Proba do sistema de compensación de fallo dun motor. SA-5 29 de xaneiro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV con lastre e instrumentos. Éxito Primeiro Saturno I do Bloque II, primeiro voo orbital poñendo en órbita a etapa Saturno IV. SA-6 28 de maio de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Segundo Saturno I do Bloque II. SA-7 18 de setembro de 1964 Cabo Cañaveral LC-37B Etapa Saturno IV cunha maqueta da nave Apolo. Éxito Terceiro Saturno I do Bloque II. SA-9 16 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 1 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Cuarto Saturno I do Bloque II. SA-8 25 de febreiro de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 2 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Quinto Saturno I do Bloque II. SA-10 30 de xullo de 1965 Cabo Cañaveral LC-37B Pegasus 3 / Maqueta dunha nave Apolo. Éxito Sexto Saturno I do Bloque II, último voo dun foguete Saturno I.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Saturno IB Saturno V
Categoría:Foguetes espaciais