Teodoro Franco Lamela, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) e finado en Insua (Ortigueira) o 8 de agosto de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Veciño de Insua (Ortigueira). Actuou como enlace xunto cos seus irmáns Alberto, Manuel e Remigio Franco Lamela antes de unirse á guerrilla en febreiro de 1944. A principios de 1945, logo da morte de José Neira Fernández tomou o mando do grupo do grupo Neira. O grupo estaba formado por quince homes, entre eles os seus tres irmáns Alberto, Manuel e Remigio, e actuaba na zona de Ortigueira. Participou no asalto a Manuel Pajón Prieto o 27 de decembro de 1947. Foi morto pola Garda civil o 8 de agosto de 1948 durante un enfrontamento coa Garda Civil en Insua (Ortigueira).
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourol Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes