Eusebio Zuloaga de la Prida, nado en Madrid en 1880 e finado en Bilbao o 5 de febreiro de 1954,ABC, 6-2-1954, p. 31. foi un enxeñeiro e xornalista español.

Traxectoria Fillo de Eusebio Zuloaga González e da súa terceira muller Dolores de la Prida Coya. Estudou Enxeñeiría Industral, pero dende moi novo dedicouse ao xornalismo. Foi director de El Castellano de Burgos e doutros periódicos de Santander e Valladolid. En 1911 trasladouse a Vigo para ser redactor xefe de Noticiero de VigoNoticiero de Vigo, 2-9-1911, p. 3. e despois dirixiu o xornal Vigo. Foi redactor de El Siglo Futuro e La Prensa de Buenos Aires. Fundou en 1934 El Diario Vasco de Donosti. Despois da guerra civil foi agregado de prensa en París e correspondente de ABC en Berlín e Roma. Nos últimos anos de vida pertenceu á redacción de La Gaceta del Norte de Bilbao.

Vida persoal Casou en 1904 coa súa sobriña Dolores Magdalena Marcela Zuloaga Zabaleta e foi pai de Jesús María Zuloaga Zuloaga.

Notas

Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1952