Os Arizona Diamondbacks son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede na cidade de Phoenix (Arizona). O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Oeste da National League (NL). O campo onde xogan os seus partidos como local é o Chase Field, recinto con capacidade para 48.519 espectadores. Os Diamondbacks gañaron as Series Mundiais en 2001, converténdose no equipo de expansión que conseguiu o título máis rapidamente, xa que a franquía fora fundada tan só catro anos atrás (1998).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Arizona Diamondbacks