Leap Year é un filme estadounidense dirixido por Anand Tucker que se estreou no 2010. Está protagonizado por Amy Adams e Matthew Goode. Foi escrito por Harry Elfont e Deborah Kaplan, e o filme conta a historia dunha muller que vai a Irlanda para propoñerlle ó seu mozo se quere casar con ela o 29 de febreiro, que segundo a tradición un home non pode rexeitar a proposta dunha muller nese día. Os seus plans son interrompidos por unha serie de eventos poucos afortunados e complícanse aínda máis cando contrata a un mozo irlandés para que a leve onda o seu noivo en Dublín. O filme foi rodado no Condado de Wicklow, en Dublín, no Condado de Mayo e no Condado de Galway, con localizacións nas Oileáin Árann, Connemara, Temple Bar, Georgian Dublin, Wicklow National Park, e Olaf Street en Waterford. Leap Year foi estreado en Nova York 6 de xaneiro de 2010.

Personaxes Amy Adams como Anna Brady Matthew Goode como Declan O'Callaghan Adam Scott como Jeremy Sloane John Lithgow como Jack Brady Kaitlin Olson como Cailey Noel O'Donovan como Seamus Tony Rohr como Frank Pat Laffan como Donal Alan Devlin como Joe Ian McElhinney como Sacerdote Peter O'Meara como Ron

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes con banda sonora de Randy Edelman Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre aviación dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Irlanda Categoría:Filmes ambientados en Irlanda Categoría:Filmes de Spyglass Entertainment Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Universal Pictures