O ollo morado é unha equimose ao redor do ollo comunmente debida a unha ferida no rostro. O nome débese á cor da contusión ocular. A maioría das lesións de ollos morados son menores e sanan soas no transcurso dunha semana.
Etioloxía O traumatismo cerca dunha cella ou algún lugar que non estea situado directamente no ollo pode facer que a pálpebra se volva dunha cor purpúrea. As feridas oculares e os traumatismos na cabeza poden tamén coincidir cun ollo morado.
Cadro clínico A aparencia dramática (decoloración e turxencia) non indica necesariamente unha ferida seria.
Tratamento Xeralmente a asistencia médica non é necesaria, salvo que haxa lesión ocular.
Complicacións Os signos clínicos que indicarían complicacións na lesión son: Visión dupla ou borrosa Perda de visión Perda de consciencia Imposibilidade para mover o ollo ou para pestanexar Hemorraxia nasal ou ótica Hemorraxia na superficie ocular Dor de cabeza persistente
Véxase tamén
Categoría:Doenzas Categoría:Termos médicos Categoría:Traumatoloxía