José Manuel Rey de Viana, nado en Ourense en 1923 e finado na Coruña o 8 de outubro de 1995, foi un bailarín e coreógrafo galego. Foi o fundador xunto coa súa muller, Victoria Canedo, do ballet galego que leva o seu nome.

Traxectoria Iniciouse con oito anos no baile. Percorreu diversas escolas de danza europeas. En 1949, xunto coa súa muller, tamén bailarina, fundou o Ballet Galego Rey de Viana co obxectivo de dar a coñecer o folclore galego. A súa primeira actuación foi na Coruña en 1955"Orígenes y evolución del Ballet Galego Rey de Viana", no blog galidanza..

En 1964 actuou no pavillón español da Feira Mundial de Nova York. En 1971 a dirección do Ballet foi cedida á Deputación da Coruña. Aos 65 anos tivo que xubilarse por esixencia da Deputación facendo unha folga de fame e unha manifestación artística nos xardíns de Méndez Núñez. O Ballet pasou a estar baixo dirección da Xunta"Adiós a la otra mitad del Ballet Galego Rey de Viana", artigo en La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2016..

Finou na Coruña a consecuencia dunha doenza hepática o 8 de outubro de 1995 aos 72 anos.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-10-1995, p. 81. Recoñecementos En 1994 foille concedida a Medalla de Galicia de prata. En maio de 2007 inaugurouse unha sala adicada ao seu ballet no Museo das Mariñas. Vida persoal

Casou con Victoria Canedo Rodríguez. Notas

Categoría:Personalidades da danza Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Ourense