Pierre-Louis Moreau de Maupertuis, nado en Saint-Jouan-des-Guérets o 7 de xullo de 1698 e finado en Basilea, Suíza o 27 de xullo de 1759 foi un filósofo, matemático e astrónomo francés.Nos arquivos da cidade de Saint-Malo, a súa data de bautismo dáse como 28 de setembro de 1698.

Obra

Principio de mínima acción O principio de mínima acción establece que en todos os fenómenos naturais, unha cantidade chamada "acción" tende a ser minimizada. Maupertuis desenvolveu este principio ao longo de dúas décadas. Para el, a acción podía ser expresada matematicamente como o produto da masa do corpo implicado, a distancia percorrida e a velocidade á que viaxa.

Bioloxía Na súa obra Vénus physique (1745) Maupertuis opúxose á teoría da preformación do embrión entón de moda, afirmando que o pai e a nai teñen unha influencia semellante na herdanza. Maupertuis trata de explicar os fenómenos xenéticos a partir dunha teoría de atracción físico-química.

Para Maupertuis, a natureza era demasiado heteroxénea como para ser creada por deseño. A súa perspectiva materialista e mecanicista (debida ao seu coñecemento das teorías newtonianas e os seus coñecementos ao redor da herdanza) permitíronlle desenvolver unha teoría da vida bastante próxima ao moi posterior mutacionismo de Hugo de Vries (1848-1935). Segundo Maupertuis, as primeiras formas de vida apareceron por xeración espontánea a partir de combinacións azarosas de materias inertes, moléculas ou xermes. A partir destas primeiras formas de vida, unha serie de mutacións fortuítas procreou unha multiplicación sempre crecente de especies. Maupertuis chega mesmo a postular a eliminación dos mutantes deficientes, converténdose así nun antecedente da teoría da selección natural.Bently Glass: Maupertuis, pioneer of genetics and evolution, in Glass, B., Temkin O. & Straus W.L.Jr 1959.

Obras

Sur la figure de la terre (1738) Discours sur la parallaxe de la lune (1741) Discours sur la figure des astres (1742) Eléments de la géographie (1742) Lettre sur la comète de 1742 (1742) Accord de différentes loix de la nature qui avoient jusqu’ici paru incompatibles (1744) Vénus physique (1745) Astronomie nautique (1745 e 1746) Les loix du mouvement et du repos déduites d'un principe metaphysique (1746) Essai de cosmologie (1750).

Eponimia O cráter lunar Maupertuis leva este nome na súa memoria.Gazetteer of Planetary Nomenclature O asteroide (3281) Maupertuis tamén conmemora o seu nome.

Notas

Categoría:Matemáticos de Francia Categoría:Astrónomos de Francia Categoría:Nados no departamento de Ille e Vilaine Categoría:Nados en 1698 Categoría:Finados en 1759