A lingua kiñaruanda ou lingua ruanda (tamén coñecida como kinyarwanda ou rwanda) é unha lingua bantú falada por 12 millóns de persoas en Ruanda, República Democrática do Congo e partes do sur de Uganda. É a lingua oficial de Ruanda e está estreitamente relacionada coa lingua kirundi, que é a oficial na veciña Burundi."Rundi", Ethnologue, 16th Ed.
O kiñaruanda é unha das tres linguas oficiais de Ruanda (xunto co inglés e o francés), e é falada pola ampla maioría da poboación nativa. Isto contrasta coa maioría das nacións africanas modernas, cuxas fronteiras foron deseñadas polos poderes coloniais e non se corresponden cos límites étnicos ou os reinos precoloniais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en kiñaruanda Bibliografía
Categoría:Linguas bantús Categoría:Linguas de Ruanda Categoría:Linguas da República Democrática do Congo Categoría:Linguas de Uganda