José Cela Míguez, nado nos Vaos (Láncara) en 1897 e finado en Buenos Aires en 1969, foi un pintor e político galego.

Traxectoria Emigrou con 16 anos a Arxentina. Retornou para facer o servizo militar. Ao rematalo volveu a Buenos Aires para evitar participar na guerra de Marrocos. Na capital bonaerense traballou nos tranvías. Retornou novamente a Galicia nos anos vinte. Pintor, en 1930 obtivo unha bolsa da Deputación de Lugo para cursar estudos de Belas Artes en Madrid. Militante de Izquierda Republicana.

Logo da vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Láncara. Formou parte da representación galega que entregou o Estatuto de Autonomía de 1936 ao presidente das Cortes. Logo da golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballou como mestre no lado republicano. Ao rematar a guerra foi encarcerado no campo de concentración Miguel de Unamuno. Xulgado en Aranjuez, foi condenado a prisión, permanecendo case un ano detido. Os seus irmáns Ramiro e Ramón Cela foron expedientados e sufriron prisiónEl alcalde José Cela Míguez y su familia. Ao ser posto en liberdade regresou a Láncara en situación de prisión atenuada. En 1952 volveu marchar á Arxentina, onde morreu en 1969.

Recoñecementos En 2009 o Concello de Láncara acordou poñer un busto do pintorLáncara dedicará unha escultura ao ex alcalde e pintor José Cela Míguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo José Cela Míguez, el pintor de Baos

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Alcaldes de Láncara Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Exilio galego Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Láncara