A dos isópodos (Isopoda) é unha orde de crustáceos malacostráceos eumalacostráceos da superorde dos peracáridos, a que presenta máis diversidade biolóxica.

Comprende unhas 10 000 especies, distribuídas en nove subordes, de ampla distribución en toda clase de medios, especialmente no mariño, aínda que tamén existen especies dilciacuícolas e mesmo terrestres.

Estudos filoxenéticos e dos fósiles, dan indicios de que esta orde data polo menos do paleozoico, hai uns 300 millóns de anos.

Características

O seu corpo consta de tres rexións ou tagmas: cabeza, tórax e abdome.

A cabeza posúe dous pares de antenas; o primeiro está ben desenvolvido e utilízano para explorar, saborear e ulir a comida; o segundo é pequeno e invisíbel externamente.

O tórax está formado por oito segmentos, cada un dos cales ten un par de patas; o primeiro segmento ten fusionada a cabeza; os sete segmentos restantes forman o pereion.

Ao final do abdome presentan un par de apéndices chamados urópodos.

Adoitan seren de pequeno tamaño, e algunhas especies teñen a capacidade de enrolarse formando bólas.

Taxonomía miniatura|250px|Armadillidium granulatum, un isópodo terrestre desenrolándose. miniatura|250px|Exemplos de isópodos mariños.

Descrición A orde foi descrita en 1817 polo sacerdote católico e notábel entomólogo francés Pierre André Latreille.Isopoda Latreille, 1817 no ITIS.

Etimoloxía O nome científico da orde, Isopoda, é un substantivo neutro plural do latín científico que está formado polos elementos iso- e -poda, tirados do elemento do grego antigo ἰσο- iso-, derivado do termo ἴσος ísos, 'igual', e o substantivo πούς, ποδός poús, podós, 'pé', 'pata', facendo referencia a que todas as patas que posúen estes animais son iguais.isopod no Online Etymology Dictionary. O termo foi usado por primeira vez en 1835 en francés como isopode. Isto contrasta cos seus parentes os anfípodos (Amphipoda), que teñen dous tipos de patas torácicas.

Clasificación

A orde dos Isopoda divídese, segundo Martin e Davis, en nove subordes.

Suborde Phreatoicidea Stebbing, 1893 Suborde Anthuridea Monod, 1922 Suborde Microcerberidea Lang, 1961 Suborde Flabellifera Sars, 1882 Suborde Asellota Latreille, 1802 Suborde Calabozoida Van Lieshout, 1983 Suborde Valvifera Sars, 1882 Suborde Cymothoida Suborde Epicaridea Latreille, 1831 Suborde Oniscidea Latreille, 1802

Porén, o ITIS considera ademais a Suborde Gnathiidea Leach, 1814

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Brandt, A. & Poore, G. C. B. (2003): "Higher classification of the flabelliferan and related Isopoda based on a reappraisal of relationships". Invertebrate Systematics 17: 893-923. Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (1990): Invertebrates. Sunderland, MA (USA): Sinauer Associates. ISBN 0-87893-098-1. Schotte, M., B. F. Kensley & S. Shilling (1995): "World list of Marine, Freshwater and Terrestrial Crustacea Isopoda". Washington, D.C., USA: National Museum of Natural History Smithsonian Institution. Ver en liña en Isopod.

Outros artigos

Crustáceos Malacostráceos

Ligazóns externas Fotos Crustáceos. Malacostráceos III. Isópodos en Asturnatura .

Categoría:Malacostráceos