Miguel Gil Casares, nado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1871 e finado na mesma cidade o 11 de abril de 1931, foi un médico e catedrático galego.
Traxectoria Era fillo do catedrático de Ciencias Ramón Gil Villanueva e neto do químico Antonio Casares Rodríguez, amais de irmán do avogado e político Felipe Gil Casares.
Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1894 doutorouse coa tese De hematocele yuxta-uterino, e en 1897 gañou a oposición á cátedra de Pediatría. Despois pasou á de Clínica médica e á de medicina interna. Foi un dos pioneiros da loita contra a tuberculose en Galicia. Foi senador pola Universidade de Santiago de Compostela entre o 10 de febreiro de 1921 e 1923.
Desde a súa inauguración en 1961 dá nome ao Hospital Gil Casares.
Datos persoais Casou con Joaquina Armada Losada, irmá do marqués de Figueiroa, Juan Armada Losada, da que tivo cinco fillos: Juan, Ramón, María del Pilar, Bernardo e Joaquín.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1931 Categoría:Membros da Asemblea Nacional Consultiva