"Mind Your Manners" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, publicada o 11 de xullo de 2013 como sinxelo principal do seu álbum Lightning Bolt. O guitarrista do grupo Mike McCready dixo "É o meu intento de facer unha canción realmente dura ao estilo dos Dead Kennedys". As letras do cantante Eddie Vedder critican a relixión organizada, que considera hipócrita pola súa intoleracian e "tantas das cousas que saíron desas organizacións, como o abuso de nenos e seu posterior encubrimento".

A canción foi tocada ao vivo por vez primeira no seu concerto en London, Ontario o día 16 de xullo de 2013. O vídeo musical da canción, dirixido por Danny Clinch, apareceu o 23 de agosto dese mesmo ano.

Notas

Categoría:Sinxelos de 2013 Categoría:Cancións de Pearl Jam