Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia.

Situación ferroviaria Atópase no eixe atlántico de alta velocidade e substitúe á antiga estación da Escravitude, situada na liña de ferrocarril vella.

A estación Reaccións A entrada en funcionamento da nova vía de tren entre A Coruña e Vigo comportou a modificación de horarios en estacións intermedias, como as Padrón e a de Pontecesures, que dan servizo aos trens rexionais. Debido a isto, usuarios habituais dos trens deste servizo queixáronse da supresión do tren que pasaba por ambas as estacións sobre as sete e media da mañá e que agora o fai a esa hora, pero desde a nova estación Padrón-Barbanza.Este tren era moi usado por persoas que traballan como funcionarios en Santiago e por estudantes na mesma cidade. Agora, o tren de proximide pasa polas antigas estacións de Pontecesures e Padrón ás oito da mañá e, para algúns, é demasiado tarde, co que se vén obrigados a coller o coche e conducir até A Escravitude se queren subir ao tren das sete e media da mañá.A día de hoxe, pola estación Padrón-Barbanza paran tres trens diarios en cada sentido.Los cambios de horario del tren provocan quejas en Padrón y Pontecesures La Voz de Galicia, 23 de abril de 2015.

Servizos ferroviarios Media distancia Consultar horarios actualizados en: Renfe Viajeros Liña MD Trens Orixe/DestinoEstaciones intermedias Destino/Orixe 1MD Serie 121A CoruñaCerceda-Meirama · Santiago de Compostela · Padrón-Barbanza · Vilagarcía de Arousa · Pontevedra · Redondela AVVigo-Urzáiz

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eixe atlántico de alta velocidade

Padron-Barbanza Categoría:Padrón Categoría:Padrón sen imaxes