Pulsaciones é unha serie de televisión española de suspense, producida por Globomedia para Antena 3. Estreouse o 10 de xaneiro de 2017. Foi seleccionada pola axencia The WIT entre as ficcións internacionais máis destacadas do MIPTV Media Market de 2016.
Sinopse Narra a perigosa investigación que levará a cabo Álex (Pablo Derqui), un neurocirurxián que se verá obrigado a resolver as causas que rodean á misteriosa morte dun xornalista de investigación, Rodrigo (Juan Diego Botto), cuxo corazón acabará salvando a vida do médico. De súpeto, Álex experimentará no seu corpo e como propias, vivencias, recordos e fantasías do seu doante, tras serlle transplantado o órgano. Nas súas pescudas, o neurocirurxián estará acompañado por Lara (Meritxell Calvo), unha nova xornalista que poñerá todo o seu empeño en descubrir que se esconde tras a morte do que foi o seu mentor e amigo.
Personaxes Pablo Derqui é Álex Puga. Leonor Watling é Blanca Jiménez. Ingrid Rubio é Marian Gala. Meritxell Calvo é Lara Valle. Juan Diego Botto é Rodrigo Ugarte. Antonio Gil é Santiago Ariza. Alberto Berzal é Héctor. Carolina Lapausa é Olga. Fernando Sansegundo é Lorenzo Meyer. Javier Lara é Carlos Meyer. Manel Dueso é César. Nacho Marraco é Guzmán. José Pedro Carrión é Gabriel Escudero. Ana Marzoa é Gloria. Cristina Marcos é Amalia Sigüenza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión de Antena 3