miniatura|300px|As botas, símbolo do peregrino, en Fisterra O Camiño de Fisterra é o único dos Camiños de Santiago con orixe na cidade de Compostela. Realmente, trátase da continuación, prolongación ou epílogo dos diferentes Camiños e, de feito, hai unha tendencia a non conceder a categoría de Camiño de Santiago a este itinerario, e mesmo a cualificalo como pagán ou profano, en contraposición ó carácter relixioso doutros itinerarios que si se dirixen cara ao Apóstolo "A igrexa compostelá mirou nalgúns momentos con receo o feito de que os peregrinos continuasen viaxe a Fisterra e Muxía, trala estancia en Santiago" (Manuel F. Rodríguez: Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta. Bolanda ediciones, 2014, px. 178). Así, a Xacopedia dálle o nome de Camiño de Fisterra y Muxía pero tamén recolle as denominacións de Prolongación del Camino a Fisterra y Muxía, Prolongación Jacobea a Fisterra y Muxía e Prolongación Jacobea a Finisterre. Outras fontes, como Vivecamino.com (de La Voz de Galicia) dálle soamente o nome de Camiño de Fisterra-Muxía, o mesmo que fai caminodesantiago.gal (da Xunta de Galicia); os folletos turísticos editados pola Xunta de Galicia tamén utilizan sempre a denominación Camiño de Fisterra-Muxía. Finalmente, a web consumer.es denomínao unicamente Epílogo a Fisterra y Muxía., unha vez alcanzada a meta da peregrinación a Santiago. Tras visitar o Apóstolo na catedral, numerosos peregrinos deciden continuar a ruta para rematar a súa viaxe en Fisterra ou en Muxía.

Con este Camiño, os peregrinos que se dirixen a Fisterra pretenden alcanzar a fin do mundo antigo, o finis terrae. Os que optan por camiñar cara Muxía buscan visitar o santuario da Virxe da Barca, onde a tradición di que quedou petrificada a a barca na que a Virxe veu animar a Santiago na súa predicación en Galicia; a barca sería o que hoxe se coñece como a Pedra de abalar, a vela sería a Pedra dos Cadrís e unha terceira pedra coñécese como a Pedra do Temón.

Historia Coñécense relatos, xa desde o século XIV, de peregrinos máis ou menos ilustres que chegaron ata Fisterra continuando a súa peregrinación a Compostela. Así, de 1355 é a descrición da súa viaxe do húngaro Xurxo Grisaphan; de 1466-1467, a viaxe de León de Rosmithal, procedente de Bohemia; de cara 1584, a do alemán Erich Lassota; no século XVII, 1670, tamén fixo esta viaxe o crego Domenico Laffi, de Boloña, e así outros nobres e relixiosos europeos. Domenico Laffi describe o itinerario que deben seguir os peregrinos italianos ata Santiago e Fisterra Xacopedia, consultado o 14.01.2017.: "Preparamos buenas provisiones de pan y vino y salimos por la puerta situada hacia el Mediodía, dirigiéndonos hacia poniente" Manuel F. Rodríguez: Santiago de Compostela para los peregrinos. Guía secreta. Bolanda ediciones, 2014, px. 178..

Ademais destes documentos escritos, tamén existen outras mostras históricas que recollen a presenza dos peregrinos nesta ruta. Así, por exemplo, os diversos hospitais de peregrinos que deberon existir nas localidades polas que discorre deixaron a súa pegada na toponimia, como aconteceu co lugar de Hospital, en Dumbría, e na existencia demostrada doutros hospitais en Cee, Corcubión e Fisterra. Tamén houbo hospital de peregrinos en Fisterra, a carón da igrexa de Santa María das Areas. Outros topónimos posiblemente relacionados serían os lugares do Camiño Real e Portocamiño.

Tamén, a tradición oral recolleu a relación coa translatio e a presenza dos discípulos do Apóstolo nestas terras, e así, o Códice Calixtino (no seu Libro III, Capítulo I) inclúe a lenda da traslación do corpo do Apóstolo desde Dugium (hoxe Duio, tamén en Dumbría) cara Compostela. Finalmente, tamén hai constancia de condenas impostas por tribunais europeos medievais consistentes en peregrinar a Fisterra ou Santo André de Teixido, entre outros lugares santos.

Outra lenda que relaciona estes lugares co Apóstolo é a da aparición da Virxe do Pilar a Santiago en Muxía, da que xa falamos.

Xa en tempos máis recentes pero moito antes da revitalización dos Camiños co gallo do Xacobeo 1993, un dos primeiros libros que estudaron en profundidade as peregrinacións xacobeas foi o titulado Las peregrinaciones jacobeas, escrito por Luciano Huidobro Serna en tres tomos, entre 1949 e 1951. Neste texto xa se describe a ruta entre Santiago e Fisterra (px. 300 a 316 do tomo III), se ben non menciona a desviación a Muxía.

Itinerario A distancia a percorrer é duns 89 km se se segue a ruta de Fisterra e duns 87 km se se segue a de Muxía; se, como é común, se completa o Camiño indo desde Fisterra a Muxía, falaríamos xa duns 119 km As distancias do Camiño e de cada etapa son diferentes segundo a Guía que se consulte. Os fitos quilométricos oficiais, que comezan na carballeira de San Lourenzo, xa á saída de Santiago, indican desde ese punto 88,139 km no primeiro caso, e 86,337 km no segundo.

As diferentes Guías publicadas adoitan dividir a ruta en tres etapas ata Fisterra, máis unha cuarta desde Fisterra a Muxía, pero esta división obedece ó reducido número de albergues intermedios que había ata hai ben pouco, e situados só nas localidades máis importantes (Negreira e Olveiroa), o que obrigaba a facer etapas moi longas, da orde de 33–35 km, excepto a primeira, de tan só 21 km. Ata o Xacobeo de 2010, o Camiño só contaba con oito albergues, catro deles localizados en Fisterra ou Muxía e outros catro en localidades intermedias O primeiro albergue, en Fisterra, abreu en 1977; en 2001 abriron dous en Negreira e Olveiroa; en 2004 outro en Corcubión; en 2007 en Muxía; en 2008, dous en Fisterra; e en 2009 un en Mazaricos (Consumer.es); nese mesmo ano do Xacobeo de 2010 abríronse outros oito Tres en Negreira, un en Vilaserío, un en Cee, outro en Dumbría e dous en Fisterra (Consumer.es), tanto en destino como noutros puntos intermedios, e en 2011 alcanzouse a cifra de 19 albergues, entre públicos e privados. Isto permite ó peregrino redistribuír as etapas dunha forma menos ríxida e máis razoable, en función do esforzo que cada quen estea disposto a realizar e do tempo dispoñible para facer o Camiño.

Á dificultade que representa para o peregrino a extensión xa citada das etapas desta ruta, que representa un verdadeiro esforzo, súmase o feito de que abundan os tramos de ata varios quilómetros sen ningún servizo de restauración ou de venda de alimentos. Así mesmo, o reducido número de peregrinos explica o deficiente mantemento do camiño en numerosos tramos Vivecamino.com..

miniatura|250 px|No asfalto, apoarecen algunhas frechas marelas indicando a dirección a Compostela Nos últimos anos naceu a tendencia de facer esta ruta tamén en sentido inverso, desde a costa, sexa Fisterra ou Muxía, ata Santiago. En calquera caso, cómpre advertir que non se poderá recibir a Compostela, dado que non se cumpre o requisito de facer, andando, os últimos 100 km, como mínimo, pero si que a pode obter se fai o itinerario completo Fisterra-Muxía-Santiago ou Muxía-Fisterra-Santiago, pois xa superaría amplamente os 100 km. Non obstante, os concellos de Fisterra e de Muxía entregan ós peregrinos cadanseu documento que acredita que se fixo o Camiño, a Fisterrana e a Muxiana, respectivamente.

A sinalización resulta, en xeral, máis que suficiente, aínda que na saída desde o Obradoiro non hai indicacións, e algún que outro tramo poida dar lugar a confusión. No tramo entre Fisterra e Muxía, os fitos quilométricos sinalan o sentido e as distancias en ámbalas direccións.

O Camiño de Fisterra cruza terras de dez concellos: ademais do propio Santiago, pasa por Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía.

1ª etapa: Santiago de Compostela - Negreira  Santiago de Compostela - A Ponte Sarela - Sarela de Abaixo - As Moas de Abaixo - O Carballal - Roxos - Quintáns - Portela - Ventosa - O Lombao - Pedras - Augapesada - Carballo - Trasmonte - Reino - Burgueiros - A Ponte Maceira - Os Outeiros - A Barquiña - A Chancela - Negreira  miniatura|300px|A rúa das Hortas, pola que comeza a andaina do peregrino O itinerario comeza ante a Catedral, na propia praza do Obradoiro, dirixíndose á esquina entre o Hostal dos Reis Católicos e o Pazo de Raxoi para coller a rúa das Hortas. Neste punto, onde hoxe discorren as rúas de Entrerríos e da Trindade, abríase na muralla da cidade a Porta do Santo Peregrino ou Porta da Trindade e, moi cerca, a carón da Igrexa de San Frutuoso, o cemiterio de peregrinos Que recollía os peregrinos mortos no, daquela, Hospital Real., hoxe convertido en xardín.

O peregrino baixa pola rúa das Hortas, na que pode observar un bo número de marcas de propiedade nas casas de ámbalas beiras da rúa As marcas de propiedade son inscricións ou gravados feitos no lintel ou na xamba da porta das casas para identificar a propiedade sobre o edificio. Nesta rúa pódese ver a cuncha de vieira, sinal de propiedade do Cabido catedralicio, o piñeiro do Mosteiro de San Martiño Pinario, a cruz potenzada do Hospital Real etc. Para máis información ver aquí.. Cruza As Galeras e avanza polas rúas Cruceiro do Galo e de San Lourenzo ata chegar á Carballeira do mesmo nome, que o recibe do convento franciscano de San Lourenzo de Trasouto, hoxe convertido en pazo. esquerda|miniatura|200px|O primeiro fito quilométrico, que indica a distancia a Fisterra e a MuxíaComo xa se dixo, nesta carballeira se atopan os primeiros fitos quilométricos deste Camiño indicando a distancia a percorrer ata Fisterra (88,139 km) e Muxía (86,337 km).

Deixando á esquerda o Pazo de San Lourenzo, descéndese pola Costa do Cano cara ao río Sarela; tras cruzar A Ponte Sarela pásase xunto a unha vella fábrica de curtidos, hoxe en ruínas, e, pouco despois, polo lugar de Sarela de Abaixo, ambas na parroquia de San Froitoso de Fóra, aínda no concello de Santiago. Desde aquí o peregrino poderá ver por última vez as torres da catedral de Santiago.

A un par de quilómetros chega ó lugar das Moas de Abaixo, xa na parroquia de Figueiras, tamén do concello de Santiago. Segue polo Carballal, outra parroquia de Santiago de Compostela, e por Roxos, Quintáns e Portela, tres lugares da parroquia compostelá de Villestro, para chegar por fin ó primeiro bar restaurante da etapa, tras uns 10 km de camiñada.

O Camiño deixa o concello de Santiago e entra agora no de Ames. Tras un leve ascenso ata Ventosa, na parroquia de Covas debe seguirse un longo ramo de asfalto ata o lugar do Lombao, aínda en Covas. Segue pola estrada polos lugares de Pedras e Augapesada, xa na parroquia de Ames. Rosalía de Castro pasou temporadas da súa infancia na lindeira parroquia de Ortoño.

Toca agora unha forte subida, a única dificultade real desta etapa, cara ao Alto do Mar de Ovellas, de 272 m de altitude. Tras cruzar o Rego dos Pasos comeza un longo ascenso de máis de 2,5 km e 215 m de desnivel, no que varios bancos de cemento poden servir de repouso ó peregrino Recoméndase que os ciclistas fagan este tramo por estrada, porque o firme do camiño é moi pedregoso e, de haber chuvias, pode ter moita lama. Alcanzado o cumio, séguese por asfalto en continuado descenso ata Carballo, Trasmonte, Reino e Burgueiros, os catro na parroquia de Trasmonte (Ames).

miniatura|250px|A Ponte Maceira, sobre o río Tambre Chégase así ó lugar da Ponte Maceira, xa na parroquia de Agrón, aínda no concello de Ames. A Ponte Maceira é en realidade un único núcleo urbano dividido administrativamente en dous polo río Tambre. Unha parte pertence a Ames e a outra, máis historiada e con edificios máis nobres, é A Ponte Maceira da parroquia de Portor, Negreira, pola que o Camiño entra neste concello.

A ponte que identifica o lugar, a Ponte Vella cruza o río Tambre, linde natural entre os concellos de Ames e Negreira. De orixe romana pero moi modificado posteriormente (na Idade Media e nos séculos XIV e XVIII), era o paso obrigado para cruzar o río desde Santiago cara a Costa da Morte.