miniatura|Exercicio de solo nos Xogos da Mocidade de 2010 en Singapur. miniatura|Exercicio da romanesa Sandra Izbașa, campioa olímpica en 2008, durante as Olimpíadas de Londres 2012. Os exercicios de solo (tamén denominados ximnasia a mans libres) é unha das disciplinas que conforman o circuíto de ximnasia artística nas competicións deste deporte, masculinas e femininas. A abreviatura desta proba para os eventos ximnásticos é FX, polo termo en inglés "floor exercise". Un exercicio de solo está composto principalmente de elementos acrobáticos, combinados con elementos ximnásticos de forza e de equilibrio, elementos de flexibilidade, apoios investidos e combinacións coreográficas, formando un exercicio con ritmo harmonioso. As ximnastas executan, sobre un tapiz cadrado que non poden traspasar, unha coreografía de entre 70 e 90 segundos con acompañamento musical, mentres que os homes realizan esta rutina cunha duración entre 60 e 70 segundos sen música."Apparatus Norms". FIG. p. II/12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o December 19, 2011. Consultado o 2009-10-04. Na modalidade feminina inclúe elementos acrobáticos, flexibilidade, de danza, saltos e xiros con cambios de dirección.
Dimensións As características dest a disciplina, que son iguais para a modalidade masculina e feminina, están fixadas pola Federación Internacional de Ximnasia: Superficie: 12 m x 12 m. Zona de seguridade: 2 m«Apparatus Norms» (PDF).
Gañadores olímpicos nesta modalidade
Masculino 1932 István Pelle 1936 Georges Miez 1948 Ferenc Pataki 1952 William Thoresson 1956 Valentin Muratov 1960 Nobuyuki Aihara 1964 Franco Menichelli 1968 Sawao Kato 1972 Nikolai Andrianov 1976 Nikolai Andrianov 1980 Roland Brückner 1984 Li Ning 1988 Sergei Kharkov 1992 Li Xiaoshuang 1996 Ioannis Melissanidis 2000 Igors Vihrovs 2004 Kyle Shewfelt 2008 Zou Kai 2012 Zou Kai 2016 Max Whitlock
Feminino 1952 Ágnes Keleti 1956 Ágnes Keleti 1960 Larisa Latynina 1964 Larisa Latynina 1968 Věra Čáslavská 1972 Olga Korbut 1976 Nellie Kim 1980 Nadia Comăneci 1984 Ecaterina Szabo 1988 Daniela Silivaş 1992 Lavinia Miloşovici 1996 Lilia Podkopayeva 2000 Elena Zamolodchikova 2004 Cătălina Ponor 2008 Sandra Izbaşa 2012 Alexandra Raisman 2016 Simone Biles
Notas
Véxase tamén
Categoría:Ximnasia