O Ognorhynchus icterotis é unha ave pertencente á familia dos Psitácidos.

Distribución e protección A mediados dos anos 90 do século XX só se coñecían 20 exemplares da especie no Ecuador. No 1998, esta poboación desapareceu e dábase a especie por extinta. Mais había rumores de que sobrevivía unha poboación nos Andes colombianos. Polo que lanzouse o proxecto Ognorhynchus pola Fundación ProAves, a Fundación Loro parque, a American Bird Conservancy e a Zoologische Gesellschaft für Arten und Population sschutz, para a recuperación da especie. No 1991 atopáronse 81 exemplares nos Andes Centrais de Colombia, departamento de Tolima. E en xaneiro de 2001, descubriuse unha segunda poboación de 63 exemplares nos Andes Occidentais, departamento de Antioquía. No 2015 estas poboacións aumentaron os seus efectivos, ata 4251 exemplares en Antioquía e de 949 en Tolima. Debido a isto en 2010, a UICN reduciu a categoría de ameaza de En perigo crítico a En perigo. Esta especie é extremadamente dependente da palma ceroxylon quindiuense, especie tamén ameazada. Por esta razón, era preocupante que as forestas desta especie eran cada vez máis pequenas e estaban máis fragmentadas. Para recuperar a especie leváronse a cabo reforestacións masivas, declaráronse varias reservas naturais e eliminouse o acceso do gando as forestas con exemplares de palma máis xuvenís. Ademais, no ámbito do Parque Nacional Lar Hermosas, tamén se levaron diversas accións para a protección da especie.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web da fundación loro parque

Categoría:Animais descritos en 1857 Categoría:Aves de Colombia Categoría:Aves de Ecuador