Richard Thomas Lowe, nado en Derbyshire, Inglaterra, o 4 de decembro de 1802 e finado nun naufraxio preto das illas Scilly, Cornualla, o 13 de abril de 1874 foi clérigo anglicano, escritor, botánico, ictiólogo e malacólogo inglés, especializado na flora, e mais na fauna (mariña) do arquipélago de Madeira.
Traxectoria En 1825 gradúase no Christ's College, de Cambridge e, ese mesmo ano, toma as sagradas ordes, como diácono e, en 1830 ordénase como sacerdote anglicano. .
En 1832 trasladouse á illa de Madeira (Portugal) onde exerceu como pastor protestante desde ese ano até 1852, pero tamén se desenvolveu como naturalista, estudando extensamente a flora e a fauna local.
Despois volveu a Inglaterra, sendo reitor en Lea, Lincolnshire, desde 1852 até 1874.
O 13 de abril de 1874 faleceu no transcurso dun naufraxio, preto das illas Scilly, en Cornualla.
Algunhas publicacións 1869. Florulae Salvagicae Tentamen or a list of plants collected in the Salvages or Salvage Islands. John van Voorst, Londres 1857 - 1872. A manual flora of Madeira. Londres 2 vols. 1851. Primitiæ Et Novitiæ Faunæ Et Floræ Maderæ Et Portus Sancti: Two Memoirs on the Ferns, Flowering Plants, and Land Shells of Madeira and Porto Santo. Ed. J. Van Voorst, 95 pp. 1843. A history of the fishes of Madeira ed. B. Quaritch, 196 pp. 1838. Novitiae florae Maderensis 1830. "Primitiae fauna et florae Maderae et Portus Sancti", en: Cambridge Philosophical Trans.
Taxons descritos Lowe nomeou e describiu numerosos taxons de peixes, entre eles: Aphanopus, xénero da familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos afanopodinos.Aphanopus Lowe, 1839 no WoRMS.Aphanopus Lowe, 1839 no ITIS. Callanthias, xénero de tipo da familia dos calantíidos.Callanthias Lowe, 1839 np WoRMS. Callanthias paradisaeus, especie tipoio da familia, hoxe clasificada como Callanthias ruber (Rafinesque, 1810). miniatura|200px|Polymixia nobilis. Polymixia, xénero tipo da familia dos polimixíidos.Polymixia Lowe, 1836 no WoRMS. Polymixia nobilis, especie do xénero anterior.Polymixia nobilis Lowe, 1838 no WoRMS.
Así mesmo nomeou e describiu moitos taxons de moluscos, entre eles: Caseolus, un xénero de caracois de terra, e 8 das súas especies, e Lemniscia, outro xénero de caracois terrestres, e 2 das súas especies.
Honores Epónimos miniatura|200px|Polymixia lowei.
Na súa honra, varios autores dedicáronlle algúns taxons, como:
Ptilocercus lowii (a tupaia arborícola de cola plumosa) especie de mamífero da orde dos escandentios, a única da familia dos ptilocércidos.Ptilocercidae no MSW Polymixia lowei, especie de peixe da familia dos polimixíidos.Polymixia lowei Günther, 1859 no WoRMS. Omosudis lowii. Octolasmis lowei.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Benjamin Daydon Jackson (1874): Lowe, Richard Thomas, en Dictionary of National Biography, 1885-1900, Volume 34. Roy Nash (1990): Scandal in Madeira: the story of Richard Thomas Lowe. Sussex, England: Book Guild. ISBN 978-0-8633-2518-2.
Ligazóns externas
Lowe and High Chrch, en Rodney Bolt (2007): Madeira & Porto Santo''. Cadogan Guides. New Holland Publishers. ISBN 978-0-9477-5473-0.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Botánicos de Inglaterra Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Nados en 1802 Categoría:Nados en Derbyshire Categoría:Finados en 1874 Categoría:Malacólogos do Reino Unido