A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney.

Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader. Casting miniatura|Carrie Fisher abril de 1978.|esquerda Leia foi creada por George Lucas, creador da Guerra das Galaxias.

Fisher tiña 19 anos cando foi escollida para interpretar á princesa Leia, por diante doutras actrices que tamén prepararan o papel como Amy Irving, Cindy Williams e Jodie Foster.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Leia en starwars.com

Categoría:Personaxes da Guerra das galaxias