Carrie Frances Fisher, nada en Beverly Hills (condado dos Ánxeles) o 21 de outubro de 1956 e finada nos Ánxeles o 27 de decembro de 2016, foi unha actriz estadounidense de cine e televisión. Foi coñecida principalmente por interpretar a princesa Leia Organa na triloxía orixinal de Star Wars.

Traxectoria Filla do cantante Eddie Fisher e da actriz Debbie Reynolds, tiña un irmán máis novo, Todd Fisher. Os seus avós paternos eran inmigrantes xudeus procedentes de Rusia; por parte materna os seus devanceiros procedían de Inglaterra e Escocia.

Apareceu nalgunhas producións coa súa nai antes de comezar o seu primeiro traballo de cine, cando interpretou a sedutora moza de Warren Beatty en Shampoo (1975), de Hal Ashby.

Dous anos despois obtivo o papel polo que sería amplamente recoñecida, a Princesa Leia Organa, na inicialmente coñecida como A guerra das galaxias (1977), unha interpretación que repetiu nas continuacións O imperio contraataca (1980), O retorno do Jedi (1983) e, 32 anos máis tarde, en Star Wars: The Force Awakens (2015). Entre medias, en 1980, apareceu en Os Blues Brothers.

Despois destes éxitos loitou contra a dependencia das drogas e o alcohol e viviu un feliz matrimonio co cantante Paul Simon.

A súa carreira cinematográfica resentiuse e interpretou papeis en filmes de menor peso como Under the Rainbow (1981) e Hollywood Vice Squad (1986), mais tamén na gañadora de tres premios Óscar de 1986 Hannah e as súas irmás. A partir de entón traballou como actriz secundaria en comedias como o éxito Cando Harry atopou a Sally (1989), Sibling Rivalry (1990) e Soapdish (1991).

Foi entón cando se revelou como escritora, publicando a novela semi autobiográfica Postcards from the Edge. En 1990 o director Mike Nichols encargoulle o guión para a adaptación ao cine do seu libro, con Shirley MacLaine no papel da nai. Fisher seguiu escribindo e publicou outras novelas como Surrender the Pink e Delusions of Grandma.

En 2001 levou á pantalla outro guión seu: foi o telefilme These Old Broads, cun cuarteto protagonista de luxo formado pola súa nai Debbie Reynolds, a súa antiga inimiga Elizabeth Taylor, Shirley MacLaine e Joan Collins.

Fisher falou publicamente dos problemas que tivo coas drogas, a súa batalla co trastorno bipolar e a adicción aos antidepresivos no programa 20/20 da canle de televisión da ABC.

En setembro de 2009 publicou unha biografía chamada Wishful Drinking, un éxito de vendas nos Estados Unidos; nela narraba as súas experiencias en clave de humor, ríndose da súa tendencia ao alcoholismo e os seus fracasos matrimoniais.

Nunha entrevista en outubro de 2010, mentres se atopaba en Sidney, Australia, Carrie confesou a súa forte adicción á cocaína durante a rodaxe de O Imperio Contraataca (1980) e que sobreviviu a unha sobredose:

Falecemento O 23 de decembro de 2016, Carrie Fisher sufriu un infarto masivo mentres se atopaba nun voo que a trasladaba de Londres aos Ánxeles, aplicándose inmediatamente medidas de reanimación. Foi trasladada a un centro médico da cidade en estado grave. A popular actriz norteamericana atopábase realizando a xira de promoción do seu novo libro, The Princess Diarist. Máis tarde, o seu irmán Todd Fisher confirmou que estaba en condición estable e recuperándose do ataque. Carrie Fisher faleceu o 27 de decembro de 2016 nos Ánxeles tras permanecer hospitalizada nun centro médico da cidade durante catro días; un comunicado da súa filla Billie Lourd confirmou o deceso.

Filmes, series e videoxogos Ano Título Rol Notas 1975 Shampoo Lorna Carp 1977 A guerra das galaxias Princesa Leia Organa Come Back, Little Sheba Marie 1978 Ringo Marquine Leave Yesterday Behind Marnie Clarkson The Star Wars Holiday Special Princesa Leia Organa 1980 O imperio contraataca Princesa Leia Organa Os Blues Brothers Mistery Woman 1981 Under the Rainbow Annie Clark 1982 Laverne & Shirley Cathy Serie de televisión, 1 episodio: "The Playboy Show" 1983 O retorno do Jedi Princesa Leia Organa 1984 Faerie Tale Theatre Thumbelina Serie de televisión, 1 episodio: "Thumbelina" Garbo Talks Lisa Rolfe Frankenstein Elizabeth Filme para televisión 1985 From Here to Maternity Verónica Curtametraxe Paula George Burns Comedy Week Serie de televisión, 1 episodio: "The Couch" Happily Ever After Alice Conway Voz 1986 Hannah e as súas irmás April Hollywood Vice Squad Betty Melton Liberty Emma Lazarus Sunday Drive Franny Jessup 1987 Amazing Stories Laurie McNamara Serie de televisión, 1 episodio: "Gershwin's Trunk" Paul Reiser Out on a Whim | | Filme para televisión |- | Amazon Women on the Moon| Mary Brown | Segmento: "Reckless Youth" |- | | Petra

| 1988 | Appointment with Death| Nadine Boynton

|rowspan="6"| 1989 | The 'burbs Carol Peterson Loverboy Mónica Delancy Two Daddies Alice Conway Voz She's Back Beatrice Cando Harry atopou a Sally Marie Trying Times Enid Serie de televisión, 1 episodio: "Hunger Chic" 1990 Sweet Revenge Linda Sibling Rivalry Iris Turner-Hunter 1991 Drop Dead Fred Janie Soapdish Betsy Faye Sharon Hook Muller bicándose nunha ponte 1992 This Is My Life Claudia Curtís 1994 Super Star Wars: Return of the Jedi Princesa Leia Organa Videoxogo 1995 Present Tense, Past Perfect Frasier Phyllis Serie de televisión, 1 episodio: "Phyllis". Voz 1997 Austin Powers: International Man of Mystery Terapeuta Gun Nancy Serie de televisión, 1 episodio: "The Hole" 1998 Dr. Katz, Professional Therapist Roz Katz Serie de televisión, 1 episodio: "Thanksgiving"1999Return of the Ewok Curtametraxe (filmada en 1983) 2000 Scream 3 Bianca 2001 These Old Broads Hooker Heartbreakers Ms. Surpin Jay and Silent Bob Strike Back Nun 2002 Ellen Tenzer Serie de televisión, episodio de dúas partes: "Motherhunt" 2003 Charlie's Angels: Full Throttle Madre superiora Wonderland Sally Hansen Good Morning, Miami Judy Silver Serie de televisión, 1 episodio: "A Kiss Before Lying" Sex and the City Ela mesma Serie de televisión, 1 episodio: "Sex and Another City" 2004 Stateside Mrs. Dubois Jack & Bobby Madison Skutcher Serie de televisión, 1 episodio: "The First Lady" 2005 Undiscovered Carrie Smallville Pauline Kahn Serie de televisión, 1 episodio: "Thirst" Romancing the Bride Edwina 2005 Family Guy Angela Serie de televisión, episodios: "Jungle Love", "The Courtship of Stewie's Father", "Hell Comes to Quahog", "Whistle While Your Wife Works", "It Takes a Village Idiot, and I Married One", "Tales of a Third Grade Nothing", "Peter-assment", "Baby, You Knock Me Out", "Road to the North Pole", "Friends of Peter G.", "Peter-Assment" 2007 Suffering Man's Charity Reporteira Cougar Club Glady Goodbey Odd Job Jack Dr. Finch Serie de televisión, 1 episodio: "The Beauty Beast" Weeds Celia's attorney Serie de televisión, 1 episodio: "The Brick Dance" Side Order of Life Dr. Gilbert Serie de televisión, 1 episodio: "Funeral for a Phone" 30 Rock Rosemary Howard Serie de televisión, 1 episodio: "Rosemary's Baby" 2008 Bailey Smith Robot Chicken: Star Wars Episode II Princesa Leia Organa, Mon Mothma, Krayt Dragon's Mother Filme para televisión. Voz 2009 Fanboys White Lightnin' Cilla Sorority Row Mrs. Crenshaw 2010 Wright vs. Wrong Joan Harrington Entourage Anna Fowler Serie de televisión, 1 episodio: "Tequila and Coke" Family Guy Mon Mothma Serie de televisión, 1 episodio: "It's a Trap". Voz A Quiet Word With ... Ela mesma Serie de televisión australiana, 1 episodio: 2011 The Talk Ela mesma Serie de televisión norteamericana 2012 It's Christmas, Carol! Eve Filme rodado para televisión da canle Hallmark Dishonored Voz Videoxogo Comedy Central Roast Ela mesma The Roast of Roseanne Barr 2014 Maps to the Stars Ela mesma The Big Bang Theory Ela mesma Serie de televisión, temporada 7, episodio 14: "The Convention Conundrum" 2015 Star Wars Episode VII: The Force Awakens Xeneral Leia Organa dereita|miniatura|230x230px|Carrie Fisher (dereita) xunto a Wim Wenders en 1978

Premios e nomeamentos Premios BAFTA Ano Categoría Filme Resultado 1990 Mellor guión adaptado Postcards from the Edge Nomeada 2012 Outstanding Variety, Music Or Comedy Special - 2011 Wishful drinking Nomeada 2012 Outstanding Picture Editing For A Special (Single Or Multi-Camera) - 2011 Wishful drinking Nomeada

Notas

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Beverly Hills Categoría:Finados en 2016 Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa