Trichiurus é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, que é o tipo da familia dos triquiúridos e da subfamilia dos triquiurinos.Trichiurus Linnaeus, 1758 no WoRMS.

O xénero comprende polo menos nove especies semipeláxicas, a maioría aínda pouco coñecidas, que forman parte dos chamados peixes dos grandes fondos, porque viven a gran profundidade, e que son coñecidos vulgarmente, debido é súa morfoloxía, como sabres,sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7. ou peixes sabre.Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.

Son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.

A súa antigüidade nos mares da Terra remóntase ao eoceno.

Características Teñen o corpo extremadamente alongado e fortemente comprimido lateralmente,Muus et al. (1998). ao que deben os nomes vulgares de sabres ou peixes sabre.

Depredadores, a súa boca e grande, e nas mandíbulas teñen longos dentes afiados de tipo cairo.Nelson, Joseph S. (2006)

A aleta dorsal é moi longa, estendéndose todo ao longo do corpo, coa parte de raios brandos máis longa que a parte con raios espiñentos, distinguíbeis ambas as partes por unha marca nalgunhas especies. A aleta caudal é pequena, e algunhas veces está ausente. As aletas pectorais insírense na parte baixa do corpo, e as aletas pectorais, de estaren presentes, son case vestixiais.

Só presentan unha narina a cada lado do fociño.

Algúns deles son comestíbeis, especialmente a especie Trichiurus lepturus.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito polo naturalista sueco Carl von Linné (en latín Carolus Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, (Ler en liña).

Etimoloxía Linneo constuíu o nome do xénero, Trichiurus, cos elementos do latín científico thichi- e -urus, tirados da raíz do xenitivo do nome do grego antigo θρίξ τριχός thríx, trichós "pelo", "cabelo", e a voz οὐρά ourá, "cola".

Sinónimos Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Gymnogaster Gronow, 1763 Trichiuris (incorrecto gramaticalmente) Trichurus (incorrecto gramaticalmente) Trichyurus (incorrecto gramaticalmente)

Clasificación Segundo o WoRMS e a FishBase, o xénero comprende as nove especies seguintes:Especies do xénero Trichurus en FishBase.

Trichiurus auriga Klunzinger, 1884 Trichiurus australis Chakraborty, Burhanuddin & Iwatsuki, 2005 Trichiurus brevis Wang & You, 1992 Trichiurus gangeticus Gupta, 1966 Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 Trichiurus margarites Li, 1992 Trichiurus nanhaiensis Wang & Xu, 1992 Trichiurus nickolensis Burhanuddin & Iwatsuki, 2003 Trichiurus russelli Dutt & Thankam, 1967

Porén, o ITIS recoñece dúas especies máis:Trichiurus Linnaeus, 1758 no ITIS. Trichiurus japonicus Temminck & Schlegel, 1844 e Trichiurus nitens Garman, 1899

Cómpre sinalar que a sistemática do xénero pode modificarse como resultado do descubrimento de novas especies ou a contribución das análises xenéticas do ADN mitocondrial.Chakraborty, A.; Aranishi, F. & Iwatsuki, Y. (2006): "Genetic differences among three species of the genus Trichiurus (Perciformes: Trichiuridae) based on mitochondrial DNA analysis". Ichthyological Research, 53 (1): 93-96. (Resumo).

Antigüidade Apareceron por primeira vez no rexistro fósil durante o eoceno, no terciario inferior.Trichiurus Linnaeus 1758 en Fossilworks.

En Galicia Nas augas galegas é frecuente a especie Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758.

Galería de imaxes da especie Trichiurus lepturus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S, A. ISBN 84-282-1161-2, pp. 234–235. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.

Outros artigos Triquiúridos

Ligazóns externas Trichiurus Linnaeus 1758 en Fossilworks. Trichiurus Linnaeus, 1758 no WoRMS. Trichiurus Linnaeus, 1758 no ITIS. Trichiurus na ADW. Trichiurus na EOL. Trichiurus no NCBI.

Categoría:Perciformes Categoría:Taxons descritos por Linné