Na tempada 2016-2017 disputouse a 84ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español. Organizado pola F.E.R., tiñan dereito a competir no torneo os sete equipos que ocupan os primeiros postos na táboa da División de Honra unha vez rematada a primeira volta da liga regular.

Chegaron á final o vixente campión Club de Rugby El Salvador e o decano do rugby español Unió Esportiva Santboiana. A final disputada o 30 de abril de 2017 no Estadio José Zorrilla rematou 16-6 a prol dos cataláns que sumaron a súa duodécima Copa do Rei ó seu palmarés. Formato O formato do torneo contou con 3 fases eliminatorias: Cuartos de final: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O Club de Rugby El Salvador, campión de liga e copa o ano anterior, quedou exento desta fase eliminatoria debido á súa falta de datas por mor da participación do equipo en competicións europeas. Semifinais: Eliminatoria a un único encontro. Emparellamentos por sorteo puro. O Club de Rugby El Salvador tivo que aceptar a condición de xogar esta eliminatoria como visitante a cambio de quedar exento na fase de cuartos de final. Final: Un único encontro xogado nun campo elixido pola Federación Española de Rugby, nesta ocasión o Estadio José Zorrilla de Valladolid. Tamén foron candidatos a acoller a final o Estadio Las Gaunas de Logroño e o Estadio del Malecón de Torrelavega.

Participantes Os sete equipos participantes saíron do campionato nacional de liga na súa División de Honra. Acadaban o dereito a participar na Copa do Rei os sete primeiros equipos da táboa ó remate da primeira volta.

Así quedou a táboa da liga trala primeira volta. Os sete equipos clasificados para disputar a Copa do Rei están marcados en cor azul: PostoEquipoPuntosPXPGPEPPP+P-BOBD 1º. El Salvador 44 11 9 0 2 376 176 6 2 2º. VRAC43 11 9 0 2 394 182 7 0 3º. Alcobendas41 11 9 0 2 375 210 4 1 4º. Santboiana 36 11 7 0 4 311 241 6 2 5º. Cisneros 34 11 7 0 4 322 252 6 0 6º. Independiente 28 11 6 0 5 277 316 3 1 7º. Ordizia 27 11 5 0 6 294 279 6 1 8º. Gernika 26 11 5 0 6 238 248 4 2 9º. Hernani 14 11 3 0 8 154 288 0 2 10º. Ciencias 14 11 2 0 9 200 377 3 3 11º. Barcelona 12 11 2 0 9 198 357 1 3 12º. Getxo12 11 2 0 9 199 412 2 2

Torneo Cuartos de final: Encontro único (15 de xaneiro de 2017) Alcobendas, Ordizia y Santboi completan las semifinales, artigo no xornal deportivo Marca. Santboiana 24-7 Cisneros VRAC 13-27 Alcobendas Ordizia 20-6 Independiente El Salvador exento Semifinais: Encontro único (5 de febreiro de 2017) Santboi y El Salvador sacan billete para la final de la Copa del Rey, artigo no xornal deportivo Marca. Santboiana 23-16 Ordizia Alcobendas 10-13 El Salvador Final: Encontro único (30 de abril de 2017) La Santboiana vence a El Salvador en Valladolid y se lleva la Copa del Rey, artigo no xornal deportivo Marca. Santboiana 16-6 El Salvador Cadro da competición  Cuartos de finalSemifinaisFinal               '''Santboiana '''24     Cisneros 7      Santboiana '''23      Ordizia''' 16     Ordizia '''20     Independiente 6      '''Santboiana '''16     El Salvador '''6   VRAC 13     '''Alcobendas '''27      Alcobendas 10     '''El Salvador '''13     '''El Salvador ''exento 

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Española de Rugby Outros artigos

2017 Categoría:Rugby en 2017