Darth Maul é un personaxe ficticio da saga de ciencia ficción A guerra das galaxias. Aprendiz de Darth Sidious, é formado por este até chegar a ser un Lord Sith. Como arma nos combates porta un sabre de luz de dobre folla. É un personaxe antagónico no filme Star Wars Episode I: The Phantom Menace e na serie animada Star Wars: The Clone Wars, así como tamén en diversos libros, novelas e banda deseñada sobre a temática relacionada coa saga de Star Wars.

Creación e representación miniatura|240px|Cosplay de Darth Maul.|esquerda Deseño do personaxe O deseño do personaxe correu a cargo do ilustrador e artista conceptual Iain McCaig en base ó comentario de George Lucas no cal Darth Maul debería ser un personaxe que reflectise o seu «peor pesadelo». As características faciais estiveron inspiradas nunha mestura de cores e formas vistas nas pinturas faciais dalgunhas tribos africanas, caras esfoladas, patrón dos circuítos, a simetría bilateral e figuras vistas no test de Rorschach. Aínda que nun principio estaba contemplado que o personaxe tivese plumas, o supervisor de efectos especiais Nick Dudman interpretounas como cornos.

Representación No filme do ano 1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace, o personaxe estivo representado polo experto en artes marciais Ray Park e a voz a cargo de Peter Serafinowicz.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Darth Vader A guerra das galaxias Sith

Ligazóns externas Páxina oficial de Darth Maul en Star Wars

Categoría:Personaxes da Guerra das galaxias