Eardwulf foi un rei de Kent, conxuntamente con Æðelberht II, durante o século VIII.

Traxectoria Eardwulf é coñecido a partir de dous documentos, un carece de data, pero identifica ao pai de Eardwulf como Eadberht I (a patre meo Eadberhtuo); o outro ten unha data que é incompatíbel coa súa lista de testemuñas, pois está datado en 762, pero pon como testemuña ao Arcebispo Cuðbert, quen morreu en 760; aparece tamén como testemuña ao rei Æðelberht II (Aethilberchtus rex Cantie).

Véxase tamén Ligazóns externas Eardwulf 2 na Prosopografía de Inglaterra anglosaxoa.

Categoría:Reis de Kent