As fogueiras de san Xoán son un acontecemento que ten lugar na noite de san Xoán na Coruña, festividade declarada de interese turístico internacional.

Historia Durante o século XIX a festa de san Xoán celebrábase na Coruña, ademais de con fogueiras, con verbenas e lanzando globos ao aire, costume que aínda seguía na década de 1930 na Cidade Vella e A Peixaría, mentres que as fogueiras se seguiron a realizar por toda a cidade, mais sen verbenas. A principal festa celebrouse no Campo da Leña entre 1830 e principios do século XX. A festa acababa o día 26 de xuño co ripote na subida á Torre de Hércules.

Con todo, a festa de san Xoán na Coruña estaba en declive cando en xuño de 1970 se fundou a Comisión Promotora das Fogueiras de San Xoán da Coruña. Ese ano tivo lugar a primeira gran lumarada na avenida de Calvo Sotelo e a proclamación da primeira Meiga Maior, Estrella Pardo Castiñeiras.

O ano seguinte a celebración tivo lugar na praza de Portugal e en 1992 trasladouse á praia de Riazor. A partir dese momento a festa foi crecendo ata que en abril de 2000 o consello da Xunta de Galicia a declarou Festa de Interese Turístico de Galicia. O 30 de xuño de 2003 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional e en maio de 2015 Festa de Interese Turístico Internacional.

En 2014 o día 24 de xuño foi declarado por primeira vez festivo local.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog "El sueño de una noche de San Juan"

Categoría:A Coruña Categoría:Festas de interese turístico de Galicia Categoría:Festas de interese turístico internacional de España Categoría:Festas de San Xoán