Compania Națională de Transporturi Aeriene Române TAROM S.A., comercializada como TAROM, é a aeroliña nacional de Romanía, ademais de ser a máis vella aínda activa do país. Ten a súa sede en Otopeni, no aeroporto Internacional de Bucarest-Henri Coanda, que tamén é o seu principal centro de conexións. É a aeroliña máis grande de Romanía en termos de tamaño de frota e voos e destinos internacionais, e a segunda por pasaxeiros transportados, despois de Wizz Air.
O seu nome é o acrónimo de Transporturile Aeriene Române (Transporte Aéreo Romanés). O 97,22% da compañía pertence ao goberno de Romanía (Ministerio de Transporte). A aeroliña uniuse á alianza SkyTeam o 25 de xuño de 2010.
Frota Actual En decembro de 2020 a frota de TAROM estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de TAROMAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotas C Y TotalAirbus A318-1004—1499113ATR 42-5007——4848ATR 72-5002——6868ATR 72-60045—7272Substitúen aos ATR 42-500 e ATR 72-500.Boeing 737-3004—8126134Boeing 737-7004—14102116Boeing 737-8004—16144160—189189Boeing 737 MAX 8—5TBAEntregas dende 2023.Total2910
Histórica Ao longo da súa historia TAROM tamén operou os seguintes modelos:
Airbus A310-300 Antonov An-2 Antonov An-24 ATR 42-300 BAC One-Eleven ROMBAC 1-11 Boeing 707 Boeing 737-500 Ilyushin Il-14 Ilyushin Il-18 Ilyushin Il-62 Lisunov Li-2 McDonnell Douglas DC-10 Mil Mi-4 Tupolev Tu-154
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da aeroliña
Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:Aeroliñas de Romanía Categoría:SkyTeam