O dos mandibulados (Mandibulata) é un clado de artrópodos que comprende os actuais subfilos dos miriápodos (milpés, cempés e similares), os crustáceos e os hexápodos (insectos e outros), englobados estes dous últimos no clado dos pancrustáceos.

O concepto de Mandibulata é antigo (Snogdrass, 1938),Snodgrass, R. E. (1938): "The evolution of Annelida, Onychophora, and Arthropoda". Smithson. Misc. Coll., 97: 1-159. e actualmente considérase que os artrópodos con mandíbulas (crustáceos, miriápodos e hexápodos) forman un grupo monofilético, e que o seu clado irmán é o dos aracnomorfos, que comprende o resto dos artrópodos, os quelicerados e os extintos trilobites, carentes de mandíbulas. (Ver filoxenia dos artrópodos).

Os mandibulados constitúen o grupo de artrópodos máis grande e máis variado.

Etimoloxía O termo do latín científico Mandibulata refírese ás mandíbulas que caracterizan a estes membros dos artrópodos.

Filoxenia Numerosos estudos modernos, tanto morfolóxicos como moleculares, corroboran o monofiletismo dos mandibulados (entre outros, Giribet & Ribera, 1998,Giribet, G. & Ribera, C., 1998. The position of arthropods in the animal kingdom: A search for a reliable outgroup for internal arthropod phylogeny. Mol. Phylog. Evol., 9: 481-488 ou Wheeler, 1998).Wheeler, W. C., 1998. Sampling, grounplans, total evidence and the systematics of arthropods. En: R. A. Fortey & R. H. Thomas, eds.: Arthropod Relationships.London: Chapman & Hall, pp. 87-96.

En canto ás relacións internas dos mandibulados, o clado dos Atelocerata (= Tracheata) está apoiado principalmente por datos morfolóxicos, pero non por análises de datos moleculares, que se inclinan máis polo clado dos Pancrustacea.

Estudos de filoxenia molecular suxiren que os artrópdos actuais están relacionados como se mostra no cladograma exposto a continuación. Os crustáos non forman un grupo monofilético como os insectos e outros hexápodos.

Porén, no faltan hipóteses alternativas aos mandibulados, como os conceptos de Uniramia e Schizoramia, ou a posibilidade de que os miriápodos formen un grupo monofilético cos quelicerados.

Galería

Notas

Véxase tamén Bibliografía Volker Storch & Ulrich Welsch (2004): Kurzes Lehrbuch der Zoologie. 8ª ed. Wiesbaden, Deutschland: Spektrum Akademischer Verlag. ISBN 3-8274-1399-0. Rüdiger Wehner & Walter J. Gehring (2007): Zoologie. 24ª ed. Stuttgart & Nova York: Thieme Verlag KG. ISBN 978-3-13-367424-9.

Outros artigos Artrópodos Pancrustáceos Atelocerados

Ligazóns externas Mandibulata en Fossilworks. Mandibulata na EOL.

Categoría:Artrópodos