Marçal Moliné, nado en Barcelona en 1936 é un publicista catalán. Estudou xornalismo e foi un dos membros fundadores da axencia MMLB, xunto con Eddy Bosten, Joaquín Lorente e Miguel Montfort. Traballou nas axencias Clarín, Carvis, Támden DDB e Bassat Ogilvy, e foi xurado en tres edicións do Festival de Cannes. No ano 1974, gañou o Clavel Medalla de Prata ó mellor director de curtametraxes no Festival de Cine de Sitges pola curtametraxe Ta ta boom boom.

É membro de Fundación Mundo Ciudad e no ano 2009 foi nomeado membro de honra da Academia da Publicidade. Tamén recibiu o Premio Nacional de Comunicación da Generalitat de Cataluña e pertence ó salón da fama do Festival Iberoamericano da Publicidade. Considéraselle un dos publicistas españois máis importantes.

Libros La fuerza de la publicidad: saber hacer buena publicidad, saber administrar su fuerza (1999) Malicia para vender con marca: método paso a paso combinando la técnica del márketing con la astucia de los maestros de la estrategia militar (1996) La Comunicación activa: publicidad sólida (1988) Manual del director creativo: (vender con rabia) (1982)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog de Marçal Moliné Publicacións de Marçal Moliné en Dialnet Marçal Moliné en Internet Movie Database (en inglés)

Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Publicidade