miniatura|Escudo de armas dos Silva. Silva é un apelido galego-portugués, que ten a súa orixe na "Torre e Honra de Silva" xunto á cidade de Valença, hoxe pertencente ao norte de Portugal. Ten unha orixe toponímica, deriva directamente da palabra galega/portuguesa: silva (planta rubideira que dá as amoras) ou da latina silva, que significa selva, foresta ou bosque.

En xaneiro de 2023 existían 15.980 persoas en Galicia co apelido Silva, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.Apelido Silva na web do Instituto Galego de Estatística.

Distribución É o apelido máis presente na onomástica portuguesa, sendo que en todo o mundo o seu uso é máis frecuente entre os habitantes de Portugal, Brasil e en todos os países onde se fala portugués. En Italia é específico da zona que vai do Comasco ao Parmense pasando polo milanese, o pavese e o piacentino. En Galicia é moi frecuente (coa variante: Da Silva). Do antigo Reino de Galicia pasou coa reconquista ao sur de Portugal e a diferentes zonas de España. Coa emigración pasa a diferentes países latinoamericanos, sendo moi común en Chile entre outros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de apelidos galegos

Categoría:Apelidos galegos Categoría:Apelidos portugueses