Joaquín Otero Bárcena de la Concha, nado en Santiago de Compostela o 21 de abril de 1874 e finado en Madrid o 6 de abril de 1956, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Joaquín Otero Mariño, señor do Pazo de Bouza en Valga, señor da casa de Otero en Ribeira, e señor das illas de Sálvora, Vionta e Noro (Ría de Arousa) e Concepción Bárcena de la Concha. Herdou estes dous últimos títulos do seu pai.

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e destacou como político durante o reinado de Afonso XIII, foi deputado provincial de Muros-Noia, gobernador civil de Huesca (1913-1914), Zaragoza e Cidade Real. Foi Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII. Foi tamén un importante empresario. Finou en Madrid o 6 de abril de 1956.Necrolóxica en ABC

Vida persoal Casou con María de la Purificación Goyanes Cedrón e foi pai de Joaquín Otero Goyanes.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Gobernadores civís de Huesca Categoría:Gobernadores civís de Zaragoza Categoría:Gobernadores civís de Cidade Real Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1874 Categoría:Finados en 1956