María Teresa Pagazaurtundúa Ruiz,María Teresa Pagazaurtundúa Ruiz. nada en Hernani, Guipúscoa, en 1965, máis coñecida como Maite Pagazaurtundúa ou Maite Pagaza, é unha política, activista e escritora española. Na actualidade é deputada do Parlamento Europeo, onde é vicepresidenta do Grupo da Alianza de Liberais e Demócratas Europeos ALDE e portavoz de Unión Progreso e Democracia no Parlamento Europeo. Defínese como unha socialdemócrata defensora da liberdade, a xustiza e a igualdade.

Biografía Naceu en Hernani en 1965 no seo dunha familia traballadora. A súa nai, Pilar Ruiz, foi refuxiada de guerra e co tempo converteuse tamén en activista polas liberdades en Euskadi. É a menor de tres irmáns. Un deles, Joseba Pagazaurtundúa, foi asasinado por ETA en 2003 tras anos de ameazas, acoso e agresións.

Estudou nunha Ikastola, polo que é unha das poucas políticas vascas non nacionalistas bilingüe en español e éuscaro. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Vasca pola Universidade de Deusto. Tamén cursou estudos de Dereito en éuscaro. Sufriu unha agresión na facultade pola que tivo que abandonar as clases presenciais.

Durante a súa mocidade estableceu a súa residencia en Donostia. Tras anos de acoso, persecución e agresións, e especialmente tras o asasinato do seu irmán Joseba a mans de ETA, tivo que trasladarse xunto á súa familia, por recomendación policial, fóra do País Vasco. Está casada e ten dúas fillas.

Notas

Categoría:Nados en Hernani Categoría:Nados en 1965 Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Políticos de UPyD Categoría:Concelleiros do País Vasco Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto