Ricardo Zariquiey Cenarro, nado en Caparroso, Navarra en 1870 e finado en Arenys de Munt, Barcelona en 1943, foi un médico pediatra, entomólogo e carcinólogo español. Foi o pai de Ricardo Zariquiey Álvarez, tamén pediatra, entomólogo e carcinólogo.
Traxectoria Ricardo Zariquiey Cenarro naceu en Navarra, pero trasladouse a Barcelona para cursar a carreira de medicina na universidade desta cidade, especializándose en pediatría. Desde entón quedou sempre en Cataluña. A súa residencia estaba en Arenys de Munt, lugar no que fixo construír unha gran mansión que foi coñecida como Can Zariquiey, que hoxe en día aínda se conserva (a casa e o nome).BIOSP. Associació Catyalana de Bioespeleologia.
Zariquiey Cenarro foi un dos iniciadores en España, desde 1917, da biospeleoloxía, isto é, do estudo dos animais que viven nas covas. Foi acompañado nestes estudos polo seu fillo Ricardo Zariquiey Álvarez (1897-1965), dándose a circunstancia de que durante uns anos, os dous chegaron a traballar conxuntamente no estudo da fauna cavernícola. Á hora de interpretar as actividades dos Zariquiey pai e fillo Zariquiey, aparecen a miúdo dúbidas sobre a autoría, xa que, aínda que asinaban as súas obras cos dous apelidos, cando outros autores falaban deles non adoitaban facer esta diferenciación. En 1917, cando os dous se dedicaban á biospeleoloxía, o pai tiña 47 anos, e o fillo, 20. Até 1942, un ano antes da morte do pai, a maioría das investigacións podería deberse tanto a un como ao outro.
Epónimo En 1955, o doutor Francesc Español dedicoulle unha nova especie de coleóptero cavernícola que descubrira na exploración dunha cova da Cerdaña Speophilus cenarroi, en cuxa descrición Español escribiu:
Abreviatura A abreviatura Zariquiey Cenarro emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e clasificación en zooloxía.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Español, F. (1944): "Ricardo Zariquiey Cenarro 1870-1943 (nota necrológica)". Graellsia. 2 (1): 27-31.
Ligazóns externas
Ricard Zariquiey i Cenarro | Galeria de Metges Catalans
Categoría:Zoólogos de España Categoría:Nados en 1870 Categoría:Nados en Navarra Categoría:Finados en 1944