O Dicionario da Real Academia Galega (DRAG) é un dicionario en galego, unicamente dispoñible en formato dixital, producido pola Real Academia Galega e herdeiro do Diccionario da Real Academia Galega. Foi estreado en abril do 2012, cunhas 50.000 entradas, coa pronunciación de todas as palabras. En xuño de 2013 o dicionario actualizouse e acadou as 52.000 entradas, engadíronse os sinónimos e sete criterios de busca, tendo en conta a palabra completa, o comezo, o remate, letras que a conforman, contidos da súa definición, exemplos ou tamén a que grupo de tecnolecto pertence. En novembro do 2016 foi actualizado a 60.000 entradas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Diccionario da Real Academia Galega Ligazóns externas Páxina web do Dicionario da RAG
Categoría:Dicionarios galegos Categoría:Real Academia Galega Categoría:Dicionarios en liña