O Diccionario da Real Academia Galega é un dicionario monolingüe galego en papel elaborado pola Real Academia Galega e publicado por Edicións Xerais de Galicia e Galaxia en 1997 que contén 25 000 entradas. Dicionario de uso, tiña carácter normativo para a lingua galega. Viña substituír o Diccionario da lingua galega que se publicara en 1990. Desde 2012 cumpre as súas funcións o Dicionario da Real Academia Galega, que só conta con versión dixital.
Elaboración A obra estaba coordinada polos académicos Constantino García e Manuel González González, os mesmos que coordinaran o Diccionario da lingua galega de 1990 pero xa sen a participación do Instituto da Lingua Galega e cun equipo máis amplo que pretendía abranguer máis vocabulario técnico e científico.
Notas
Categoría:Dicionarios galegos Categoría:Real Academia Galega Categoría:Obras literarias de 1997