Mario Onaindia Natxiondo, nado en Lekeitio o 13 de xaneiro de 1948, e finado en Vitoria o 31 de agosto de 2003, foi un escritor e político vasco. Membro de Euskadi Ta Askatasuna (ETA) nos anos sesenta e, tras a súa escisión, de ETA (pm); máis tarde foi parlamentario vasco e dirixente de Euskadiko Ezkerra e, finalmente, senador polo Partido Socialista de Euskadi-Euskadiko Ezkerra (PSE-EE), federación vasca do PSOE.

Tamén destacou pola súa actividade na Fundación para a Liberdade, movemento cívico vasco a prol das liberdades e a democracia.Páxina web da Fundación para a Liberdade Como consecuencia da súa evolución política, foi considerado un "renegado" dende algúns sectores do nacionalismo vascoAntton JauregizuriaIñaki Anasagasti e durante os seus últimos anos viviu con escolta pola ameaza terrorista de ETA.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Mario Onaindia Fundazioa Ficha no Parlamento Vasco

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Políticos de Euskadiko Ezkerra Categoría:Políticos do Partido Socialista de Euskadi Categoría:Membros de ETA Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Nados en Lekeitio