miniatura|200px|Ilustración xaponesa, c.1830, amosando unha violación en grupo. A violación en grupo ocorre cando un grupo de persoas participan na violación dunha soa vítima. A violación inclúe polo menos dous ou máis violadores (sendo o número máis común tres)Neumann, Stephani. Gang Rape: Examining Peer Support and Alcohol in Fraternities. Sex Crimes and Paraphilia. Hickey, Eric W., 397-407 e é un crime que ocorre en todo o mundo.

Os culpables e as vítimas das violacións en grupo adoitan ser máis novos que os dunha violación dun só individuo, e teñen maiores posibilidades de ser persoas desempregadas. Ademais, o alcohol e as drogas son máis comúns, así como os ataques de noite. As violacións en grupo adoitan ser máis violentas e ter unha maior resistencia por parte da vítima que as dun ataque individual, polo que son máis comúns as tendencias de suicidio e a busca de psicoterapia.

A violación en grupo é chamada ás veces como "violación colectiva" ou "violación con múltiples perpetradores" na literatura dos estudos.Ullman, S. E. (2013). 11 Multiple perpetrator rape victimization. Handbook on the Study of Multiple Perpetrator Rape: A Multidisciplinary Response to an International Problem, Miranda A.H Horvath, Jessica Woodhams (Editors), 4, Chapter 11; ISBN 978-0415500449

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caso de violación en grupo de Delhi en 2012 Bibliografía

Categoría:Sexualidade humana Categoría:Delitos