O que segue recolle diversa información sobre a pegada do demo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc. Inclúense tamén aquí as informacións que se refiren ás diferentes manifestacións do demo (diaño, trasgo etc.), ós pautos co demo, a posesión diabólica e a súa curación, así como ó inferno. miniatura|300px|Pinturas murais na igrexa de Santa María de Labrada (Guitiriz, Lugo) En Galicia, o demo recibe numerosas denominacións populares:Todos estes nomes para designar o demo recóllense das seguintes fontes: Dicionario da Real Academia Galega, s. v. demo; Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano; distintos lexicógrafos, en Dicionario de Dicionarios; Antón Fraguas, en Gran Enciclopedia Galega, s.v. demo; Cuba, Reigosa e Miranda: Dicionario dos seres míticos galegos; e Vítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres. Véxase a sección de Bibliografía. abelurio, cachán, cachano, cachizoCachán, cachano e cachizo son unha referencia evidente ós pecados sexuais., demachiño (máis propiamente, aplícase a demos pequenos como o diaño burleiro), démaro, demiño, demócharo, democho, demóncaro, demonche, demoncre, demontre, demóñaro, demoño, demoro, déncaro, dencho, déngaro, denllo, dentre, deño, diabo, diabro, diantre, diaño, mafarrico, rabeno, rabudo, resalgario, sucio (e zucio), tardo, trasgo e trasno.
Tamén se lle denomina mediante nomes propios, como Donai (que pode proceder de Adonai, un dos nomes que recibe Deus na Biblia,"Chámanlle Donai que ten aire de lembranza gnóstica. Este nome é o mesmo d'Adonai, que se lle dá ó Noso Señor" (Risco: Nós, 1). Leonardo,Cunqueiro incluíu en Escola de menciñeiros un contiño titulado "O demo Lionardo". No conto, unha muller exclama o seguinte cando lle din que a un rapaz puxéronlle de nome Lionardo: "¡Arrenégote, demo! ¡Lionardo! ¿E non sabe que é o nome do castrón maior cando van a esfogar as bruxas polo sábado? ¡Poñerlle Lionardo!" (Escola de menciñeiros, Galaxia: Biblioteca Básica da Cultura Galega, Vigo 1982, 109. Pedro, Perecho, Perello, Perete, Xan ou Xan Moxico, ou Xuncras (posible contaminación con Xudas).
Tamén existen denominacións eufemísticas coas que se pretende evitar pronunciar o seu nome, por se o demo o puidese interpretar como que se lle invoca: o Cornudo, o Escuro, o das botas, o das zapatillas, o dos dentes longos, o Nemigo, o Pecado, o Rabudo, Papá Xarriña. Resulta común referirse a el como Arrenegado sexa!
E, finalmente, tamén se utilizan as denominacións literarias máis clásicas, como Belcebú, Luzbel e Lucifer (que resplandeceO nome, que se traduciría por luz bela, fai alusión a que antes era o anxo máis fermoso e luminoso.), Satán ou Satanás.
O demo pretende levar ós homes ó pecado e, como consecuencia, ó inferno, e para iso recorre a calquera tentación que poida serlle útil e en calquera momento, porque, lémbrese, "O demo nunca ten sono". Por isto tamén se di que está detrás de calquera desgraza que aconteza á xente, ó gando ou ás leiras (enfermidades, incendios, andazos no gando, treboadas etc.) e incluso detrás de pequenos contratempos como perder algunha cousa ou que se rompa unha peza da vaixela.Situacións cotiás que se pretenden explicar con expresións do tipo "Anda o demo na casa", "Anda o demo no lugar" ou similares. Nestes casos, pode suceder que quen os sufra perda a paciencia e renegue ou maldiza, pecando. Finalmente, outro momento no que xente maior adoita amentalo pode ser ó observar novas tecnoloxías ("Sonche cousas do demo").
A vaidade do demo Na Pontenova (Lugo) recolleuse a lenda seguinteVítor Vaqueiro.: o Demo xa existía antes da creación do mundo e estaba ante Deus cando este comezou a crear o home. Deus meteu un dedo na auga e deixou caer unha pinga, e desta pinga naceu un home. O Demo, orgulloso como era, repetiu o xesto e creou outro home, pero non contento con isto, meteu os cinco dedos e así conseguiu crear cinco homes de vez, crendo demostrar así que era superior ó mesmo Deus. Pero este, ante tal xesto de soberbia, mandouno ó inferno para toda a eternidade.
Coñecidas son as tentación do demo a Cristo no deserto. Na terceira tentación cóntase que: miniatura|250px|Tentacións do Demo a Cristo
Pois ben, en Galicia dise que tales feitos aconteceron en Cambados. E que cando o demo lle mostrou toda a terra coñecida e prometeu darlla, advertiulle que non toda: "Todo isto heiche dar se me adorares, agás Fefiñáns, Cambados e Santo Tomé" (os tres lugares que conforman Cambados).Outra tradición popular basea nos mesmos feitos a orixe do nome do Monte Tibidabo, en Barcelona. Disque o nome Tibidabo procede do latín Tibi dabo, que significa "te daré": "et dīxit illī haec tibi omnia dābō si cadens adōrāveris mē" (Bofarull, Manuel (2002): Origen dels noms geogràfics de Catalunya. Valls: Cossetània. px. 174).
Os pautos co demo Dicimos que o demo busca captar almas para o inferno,Téñase en conta que chegou a tentar ó mesmo Xesucristo, no deserto, tras corenta días de xaxún: "Se es o Fillo de Deus, manda que estas pedras se volvan pan", "Se me adoras todo isto será teu", "Se es o Fillo de Deus, bótate de aquí abaixo, que está escrito: Mandará ós seus anxos para que te garden" (Lucas 4, 1-13). Este feito tamén está desenvolvido por Mateo (4, 1-11) mentres que Marcos só menciona que foi tentado por Satán (1, 12-13). e para iso intenta levar a cabo un pacto co home ou muller -escrito e asinado con sangue humano, sangue da persoa que fai o pacto, por suposto- no que este lle entrega a alma a cambio de diñeiro, poder, amor, saúde ou calquera outra cousa que cobice esa persoa.O DRAG recolle a forma pauto para designar especificamente o pacto co demo, reservando a forma estándar pacto para designar un acordo entre dúas partes. Unhas veces é o demo quen busca a oportunidade de tentar a esa persoa pero outras veces é esta quen chama pola presenza do demo utilizando diferentes fórmulas, como por exemplo os ensalmos que se poden atopar no Libro de San Cibrao ou Ciprianillo, aínda que na mitoloxía galega existen outras formas de chamar á presenza do demo. En calquera caso, cando se está ante el cómpre non manifestar medo ningún porque o demo despreza ós covardes e nunca fai pactos con eles.
Sempre queda a esperanza de que resulta posible romper estes pautos e enganar ó demo porque, segundo se cre, o demo ten un burato na man. Vese aquí unha forma de relativizar o poder do demo que, aínda que grande, non é ilimitado, e de aí xorden numerosos contos sobre o diaño burlado.
En Ardán (Marín) cóntase que no monte Castelo había un gran tesouro e que varios homes foron buscalo. No cume do monte aparecéuselles o demo, entre tronos e terremotos, preguntando que querían. Eles dixeron que querían o ouro e o demo aceptou darllo, a cambio de que lle trouxeran un home, pero aínda que intentaron levar ó rapaz máis parvo da aldea, este logrou zafarse. Aqueles homes colleron un gato e así conseguiron enganar ó demo. Por fin, este veu cun carro cargado de diñeiro pero un dos homes exclamou un Valgame Deus! e neste instante desapareceron tanto o demo como o diñeiro.
Noutro caso, recollido en San Cristovo de Lóuzara (Samos), o demo reta a un home a saltar un pequeno burato no chan, de só dous pés de ancho. Este, desconfiando polo fácil que semellaba ganar, foi consultar co abade, quen lle asegurou que se trataba dunha trampa e que, cando intentara saltar, o burato crecería e crecería ata que o home caese dentro. Pero díxolle que levara un gato ou unha galiña negros agochados baixo a capaSegundo as distintas versións. e que o deixara caer o bicho no burato mentres el saltaba, porque o demo sempre cobraba unha cousa viva. Efectivamente, cando caeu o animal no burato, este pechouse inmediatamente e o demo, alporizado, rebentou coa rabia.Risco: Nós, 5.
As crenzas sobre o comportamento do demo cos seus servidores son contraditorias. Para uns, nunca falta á súa palabra e coida dos que pactan con el, porque é sabido que Ó demo ós seus quer. Pero para outros é ó contrario e maltrata a quen cae nas súas mans, e por iso dise que Así paga o demo a quen o serve.
Así, dise que un dos ladróns das xoias do Mosteiro da Armenteira, gardara un valioso cáliz pero arrepentiuse e quería devolvelo, aínda que non se atrevía porque non quería que ninguén soubera que fora el. Cando, xa vello, veu chegar a hora da morte, pediulle ó fillo, crego, que o fixera el, pero axiña. O fillo tomou o cáliz e comezou a andar cara a Armenteira, pero o mosteiro estaba moi lonxe e temía non cumprir a encarga antes de morrer o pai. Aínda que rezou moito, non avanzaba de abondo e cada vez estaba máis canso, así que chamou ó demo e pediulle axuda. O demo veu e levouno nun instante, de xeito que puido deixar o cáliz sobre o altar antes de que morrera o pai, salvando así a súa alma. Pero aínda así o demo levouno canda el por máis que o crego protestara por ir ó inferno tras facer unha boa obra, e deulle esta razón: ¿Pra que me chamaches? Agora, vén comigo!!
Crese que o demo atende cando se lle invoca. Na Ría de Muros corre a seguinte lenda que explica como se formou a Illa da Creba (sita na parroquia de Esteiro, en Muros). A Creba era un lugar na costa habitada por mouros. Dunha volta, os cristiáns matáronos a todos agás á filla do xefe. Esta invocou o demo, quen levantou unha violenta treboada que afogou ós cristiáns e separou aquel anaco de terra, que desde entón foi illa. A moura converteuse nunha gran serpe que, acompañada por outras feras, dedicouse a afundir os barcos que pasaban pola zonaVítor Vaqueiro: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, ed. Galaxia, Vigo 2011, s. v. serpe..
As bruxas teñen un pacto perpetuo co demo, e grazas a iso poden facer as maldades que fan. Mostran o seu sometemento ó demo nos diferentes actos de culto satánico e nos aquelarres dos sábados, ós que o demo acode para que o adoren e lle biquen no cu (osculo infame). Estes servidores do demo, maiormente mulleres,Lémbrese o caso de María Soliño, acusada de bruxería e torturada en Cangas de Morrazo, no século XVII. foron o obxectivo da Inquisición española. Dáse por certo que o demo marcaba ás bruxas como sinal de dominio e para identificalas como servas súas. A marca consistía nunha pata de ra ou de sapo na cara.Gran Enciclopedia Galega, s. v. aire de sapo. Que as bruxas tiñan no seu corpo algunha marca que as sinalase como adoradoras de Satán é unha crenza común, non só en Galicia: nos xuízos contra as bruxas espíannas para buscar estas marcas (véxase o cadro dee Thompkins H. Matteson titulado Exame dunha bruxa.
Diferentes representacións do demo O lendario galego é extraordinariamente rico en relatos que recollen a presenza e actos do demo nos diferentes lugares de Galicia. Como norma xeral pódese dicir que sempre se lle pinta con características negativas, incidindo na oposición á idea do ben e, en particular, a Deus. Así, reina na noite (mentres que Deus o fai no día, na luz), asóciase a animais inmundos e velenosos (cobras, sapos), ou ben represéntase como un macho cabrún (que ten cornos, cheira mal e come nos cultivos).