Rosa Marta Gómez Pato, nada en Ourense en 1972, é unha tradutora e profesora universitaria galega
Traxectoria É licenciada en filoloxía alemá pola Universidade de Santiago de Compostela, onde na actualidade imparte clases de Literatura alemá como profesora titular, concretamente no departamento de alemán da Facultade de Filoloxía.
Ensaio Lenguaje, realidad y memoria histórica en la obra lírica de Ilse Aichinger ‘Verschenkter Rat’. Santiago de Compostela, 2005.Francisco Manuel Mariño Gómez (2013). "Aichinger, Ilse. Consejo gratuito Revista de Filología Alemana , vol. 21. pp. 187-318 .
Traducións Ao galego Baixo o luar do acantilado, de Annelies Schwarz, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2002 Antoloxía do relato alemán (1945-1960), Santiago de Compostela: Follas Novas, 2006. Intercambio cun inglés, de Christine Nöstlinger, Barcelona: Planeta&Oxford, 2006. As aventuras da man negra. Hans Jürgen Press, Barcelona: Planeta&Oxford, 2007.O xinete do cabalo branco de Theodor Storm, Editorial Hugin e Munin, 2015. A señorita Else de Arthur Schnitzler, Editorial Hugin e Munin, 2016Ficha da obra en Culturagalega.org..En familia! de Alexandra Maxeiner, con ilustracións de Anke Kuhl, Hércules de Edicións, 2016.Todo o mundo! de Anja Tuckermann, con ilustracións de Tine Schulz, Hércules de Edicións, 2017. Mortiña, de Barbara Cantini, Hércules de Edicións, 2018 (cotradución con Manuel González González). A impaciencia do corazón, de Stefan Zweig, Editorial Hugin e Munin, 2018. O derradeiro verán, de Ricarda Huch, Editorial Hugin e Munin, 2019.Mortiña. Un curmán repugnante, de Barbara Cantini, Hércules de Edicións, 2018 (cotradución con Manuel González González)Ficha na páxina web da editorial..O amuleto, de Conrad Ferdinand Meyer, Ed. Hugin e Munin, 2020.Cadros da natureza, de Alexander von Humboldt, Universidade de Santiago de Compostela, 2020. Mortiña, o amigo pantasma, de Barbara Cantini, Hércules de Edicións, 2020 (cotradución con Manuel González González).O solteirón, de Adalbert Stifter, Editorial Hugin e Munin, 2022.Microbios monstruosos. Todo sobre bacterias útiles e virus daniños, de Marc Van Ranst e Geert Bouckaert, Hércules de Edicións, 2023.Como chega o sal ao mar, de Brigitte Schwaiger, Editorial Hugin e Munin, 2024.
Ao castelán Lenz, de Georg Büchner, Sevilla: Bienza, 2010. Nosotros matamos a Stella. El quinto año, de Marlen Haushofer, Madrid: Siruela, 2008. Consejo regalado'', de Ilse Aichinger, Ourense: Linteo, 2011Sinopse da obra.
Vida persoal É irmá do latinista Raúl Gómez Pato.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas CV da autora
Categoría:Tradutores do alemán
Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en 1972 Categoría:Nados en Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes