A libélula maculada (Libellula quadrimaculata) é unha especie de libélula da familia Libellulidae, que se encontra en Europa, Asia e Norteamérica (en Alasca é o insecto oficial do estado). En Europa chega ao círculo polar, e nas zonas montañosas ata os 1000 metros de altura. Mide de 4 a 4,5 centímetros de envergadura e de 7 a 8,5 centímetros de longo. Forma grandes enxames ao migrar.
O estadio adulto pode verse en primavera. As larvas teñen un ciclo de desenvolvemento de dous anos. Os adultos aliméntanse predominantemente de mosquitos e quironómidos;http://www.shgresources.com/ak/symbols/insect/ Retrieved 16 Feb. 2010 as larvas aliméntanse principalmente doutras larvas de insectos acuáticos e de cágados de anfibios.
O seu nome científico procede das catro manchas que ten nas súas ás. Hai unha forma variante, praenubila Newman, que ten unhas manchas alares esaxeradas. Isto crese que está relacionado coa temperatura da auga durante o desenvolvemento larval e parece que é máis común en Europa que en América.
Hábitat
Esta libélula é moi activa e vive en lagoas, pozas estacionais, e ríos de correntes lentas.
Identificación A cor castaña das súas catro manchas alares faina inconfundible.
Comportamento
O macho considérase que é moi agresivo e defende o seu territorio das incursións doutros machos da súa especie. O macho ten preferencia por pousarse en sitios prominentes e a miúdo torna aos mesmos pousadeiros na marxe das lagoas e pozas desde onde vixía a chegada de intrusos. Desde alí os machos teñen unha visión favorable do ceo. Observan unha sección do ceo con menos radiación pero cunha maior saturación UV e azul-violeta. Así, os seus ollos, que son sensibles ao azul e ao ultravioleta, están optimizados para a detección de insectos voadores contra o ceo azul.Sauseng, M., Pabst, M.-A., Kral, K. (2003) The dragonfly Libellula quadrimaculata (Odonata: Libellulidae) makes optimal use of the dorsal fovea of the compound eyes during perching. European Journal of Entomology 100: 475-479. Ambos os sexos son bos voadores e o apareamento ten lugar en voo. A femia pon ovos sobre a vexetación flotante. O desenvolvemento dos embrións dura de dúas sete semanas, segundo a temperatura. A etapa larval pasa por doce ou máis fases. O período entre mudas é variable. A primeira muda ocorre na primeira ou segunda semana, pero as seguintes poden tardar 72 días. Antes da metamorfose, a larva pode tamén pasar por unha diapausa de hibernación. En cambio, despois da eclosión do imago, este madura nuns 18 días e os adultos non viven máis duns 48 días, polo que pasan a maior parte da súa vida como larvas.
Predadores A libélula de maior tamaño Anax imperator é un dos predadores desta especie.http://www.norfolkdragons.co.uk/species/Imperator.shtml Viewed 15 Feb. 2010 Outro é o escaravello Cicindela campestris.http://www.cornishnature.co.uk/cornish-dragonflies/26-an-unexpected-predator-of-the-four-spot-chaser-dragonfly.html Viewed 15 Feb. 2010
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Four-spotted chaser British Dragonfly Society Libellula quadrimaculata en funet.fi
Categoría:Odonatos Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné