O Pazo do Hórreo é un edificio de comezos do século XX situado na Rúa do Hórreo 63, na cidade capital galega de Santiago de Compostela, actual sede do Parlamento de Galicia.
Historia O autor do proxecto do edificio foi Antonio Bermejo Arteaga, contando como mecenas ao político Eugenio Montero Ríos. Inspirouse na francesa École nationale d'Alfort. Comezouse a construír o 25 de marzo de 1903, co obxectivo de albergar a Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela, inaugurándose para tal fin o 2 de outubro de 1915.
Durante o Directorio Militar da ditadura de Primo de Rivera pechouse a escola, e posteriormente transformaríase nun cuartel.
En 1986, o edificio, que pertencía ao Ministerio de Defensa, foi adquirido polos presidentes da Xunta de Galicia e do Parlamento de Galicia. Tras acometerse reformas, comezou a operar como a sede do Parlamento galego o 1º de marzo de 1989.
Notas
Véxase tamén Bibliografía , Diego (2008).
Categoría:Arquitectura civil en Santiago de Compostela Categoría:Parlamento de Galicia Categoría:Edificacións de institucións políticas de Galicia