A AC-549 (na provincia da Coruña), coñecida como a Variante de Noia coa Ponte sobre a ría de Noia, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Orro e Taramancos; ambas no concello de Noia. Ten unha lonxitude de 5,52 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-1.5 en Orro (Noia) e finaliza nun cruzamento coa AC-550 en Taramancos (Noia), cruzado a través da ponte sobre a ría de Noia.

Historia

As primeiras obras iniciaron o 15 de xuño de 2011 coa construción da ponte sobre a ría de Noia e o 4 de xullo de 2014 foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e varios alcaldes da zona. O investimento final foi de 50 millóns de euros.

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria básica de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Noia