Otidiphaps nobilis, coñecida na bibliografía internacional como pomba faisán, é unha especie de ave, endémica de Nova Guinea, pertencente á subclase das neornites, infraclase dos neognatos, superorde das neoaves, granorde dos columbimorfos, orde das columbiformes, e da súa única familia dos colúmbidos, e tamén a única da subfamilia dos otidifabinos, así como a única representante do único xénero desta, Otidiphaps.Otidiphaps nobilis Gould, 1870 no ITIS.
Características Trátase dunha gran pomba terrestre, que se asemella a un faisán na súa morfoloxía externa, particularmente na súa cola comprimida lateralmente e as ás arredondadas, ao que alude o seu nome vulgar. Como non hai ninguna ave galiforme en Nova Guinea, a pomba faisán ocupa o nicho ecolóxico das perdices ou dos pequenos faisáns, mentres que a súa parente, a pomba coroada (Goura cristata), ten un estilo de vida semellante ao dos faisáns máis grandes, pitas do monte ou os pavos.
É unha especie moi silenciosa que se alimenta de sementes e froitos caídos. Aniña no chan baixo árbores e arbustos, poñendo no niño un único ovo que choca durante aproximadamente catro semanas.
Hábitat e distribución O seu hábitat son as selvas chuviosas de Nova Guinea e as illas adxacentes. Pódese atopar en outeiros e áreas montañosas baixas, pero tamén nas terras baixas. Atópase en Indonesia e Papúa-Nova Guinea, onde se encontra en Batanta e Waigeo e nas montañas do oeste de Nova Guinea ao leste de Nassau e Oranje Ranges, desde o nivel do mar até os 2 050 m de altura.Gibbs, D.; Barnes, E. & Cox, J. (2001): Pigeons and doves: a guide to the pigeons and doves of the world. New Haven, Connecticut: Yale University Press ISBN 0-3000-7886-2.
Taxonomía Descrición Tamto o xénero como a especie foron descritos en 1870 polo naturalista e ornitólogo inglés John Gould, na páxina 62 da súa obra The Annals and magazine of natural history; inluding zoology, botany, and geology.
Etimoloxías O nome científico do xénero fai referencia ás súas similitudes coa familia das avetardas (Otididae). Concretamente, o nome Otidiphaps está formado polos elementos do latín científico otid- e -phaps (ambos tirados do grego antigo, e unidos por un -i- epentético para faciliar a pronuncia). O primeiro elemento está tirado da raíz do xenitivo do nome ὠτίς ōtís, 'abetarda'; e o segundo, de φάψ pháps, 'pomba salvaxe'.Otidiphaps no Merriam-Webster's Unabriged Dictionary.
O nome común reflixte a súa adaptación a manterse no solo do bosque como un faisán asiático oriental, ao que se parece.
Subespecies Segundo o ITIS e a clasificación de referencia do Congreso Ornitolóxico Internacional, a especie comprende as seguintes catro subespecies:Order Comumbiformes. Family Columbidae, na IOC World Bird List. Versión 9, 2019. Otidiphaps nobilis Gould, 1870 Otidiphaps nobilis aruensis Rothschild, 1928 Otidiphaps nobilis nobilis Gould, 1870 Otidiphaps nobilis cervicalis E. P. Ramsay, 1880 Otidiphaps nobilis insularis Salvin & Godman, 1883
Status O tamaño da poboación global de Otidiphaps nobilis non foi cuantificado, pero a especie descríbese a miúdo como bastante común en zonas montañosas, aínda que localmente escasa nalgures.
Sospéitase que a poboación está diminuíndo lentamente debido á deforestación do seu hábitat forestal primario, pero a taxa de declive non foi cuantificada.BirdLife International (2016): Otidiphaps nobilis na Lista vermella da UICN. Versión 2019-1. Consultada o 3 de xuño de 2019.
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que a especie ten unha área de distribución moi grande e que, polo tanto, non se achega aos limiares do criterio de tamaño vulnerábel, e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación non foi cuantificado, pero non se cre que se achegue aos limiares para o criterio de tamaño da poboación vulnerábel. Por estas razóns a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1997): Handbook of the Birds of the World, Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-422-1. Josep del Hoyo & Nigel J. Collar, con David A. Christie, Andrew Elliott, Lincoln D. C. Fishpool (2014): Illustrated Checklist of the Birds of the World, volume 1 (Non-passerines), Handbook of the Birds of the World''. BirdLife International, Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos Columbiformes Colúmbidos
Ligazóns externas Otidiphaps nobilis. Pheasant pigeon na ADW. Green Naped Pheasant Pigeon. Otidiphaps nobilis Gould 1870 na EOL. Otidiphaps nobilis - Pheasant Pigeon en Oiseaux.net . Otidiphaps nobilis Gould, 1870 en Avibase . Pheasant Pigeon (Otidiphaps nobilis) is being split: list O. insularis as Endangered and O. aruensis as Vulnerable?
Categoría:Colúmbidos Categoría:Aves de Indonesia Categoría:Animais descritos en 1870