O Viario 18 ou Conexión da autovía AC-14 coa autoestrada de peaxe AP-9, é unha vía de alta capacidade en proxecto que suporía unha alternativa para desconxestionar o tráfico existente entre a AC-11 e a AP-9.

Historia Nomeado provisionalmente no proxecto como V-18, de forma análoga ao Viario 14 (V-14), foi planificado polo Ministerio de Fomento de España, para buscar alternativas que permitan desconxestionar a AC-11. En abril de 2012, encargouse un primeiro estudo baixo a xestión da ministra Ana Pastor Julián.

O maior volume do tráfico da entrada e saída da cidade A Coruña é a AP-9, a pesar de que se trata dunha autoestrada de pagamento, xa que funciona como conexión máis directa coa A-6 cara a Lugo e Castela e León ademais dos destinos que lle son propios. Ademais, a AP-9, ten un tramo de peaxe na sombra (o comprendido entre o acceso da Barcala e a AC-11) desde maio de 2006, que lle dá maior volume de tráfico á Coruña desde Cambre, San Pedro de Nós, O Temple e O Burgo, especialmente nas horas punta dos días laborábeis.

Así, esta alternativa desde a AP-9, permitiría ter unha conexión polo sur ao oeste da Coruña a través da AC-14 e a V-14, a barrios como o dos Rosales, A Agra do Orzán, O Ventorillo, Elviña, O Birloque, San Pedro de Visma, Labañou - San Roque, Os Mallos, Vioño etc. Contando, asemade, cunha conexión aos polígonos industriais A Grela-Bens, Pocomaco e Vío, evitando deste xeito conexións desde a AC-11, que na actualidade repercuten en conxestións de tráfico en vías como a Avenida de San Cristovo, a Ronda de Outeiro ou a Avenida de Arteixo até os accesos a ditos polígonos.

Evolución Marzo de 2015: exposición do proxecto a información pública, cun orzamento estimado de licitación da obra de 18,9 millóns de euros. Agosto de 2016: Fomento solicita a declaración de impacto ambiental. Xullo de 2017: fíxose público que unha tramitación irregular do propio Fomento obrigaba a reiniciar a avaliación medioambiental.

Tramos Denominación Tramo Quilómetros Estado (xullo de 2017)    A Zapateira    - Vilaboa    1,56 Reinicio da DIA

Trazado (en proxecto) Velocidade(en proxecto) Esquema Saída Sentido A Zapateira () Carrís Sentido Vilaboa () Estrada Notas 60x60px 60x60px 75x75px Comezo da Autovíade Conexión coa

Procede de: 18x18px P. K. 4+000 70px Fin daConexión    coa Incorporación final:  18x18px Dirección final: 18x18px Santiago - Ferrol     Lugo - Madrid   18x18px  75x75px60x60px 60x60px Posible ascenso (5%): Sen enlaces 60x60px 50x50px Posible descenso (5%): Sen enlaces 60x60px 60x60px 60x60px 75x75px Fin daConexión coa Incorporación final:   Dirección final: A Zapateira - A Coruña''' 65px Comezo da Autovíade Conexión   coa Procede de: A Zapateira (pola glorieta) 75x75px

Notas

Categoría:Estradas da provincia da Coruña Categoría:Transporte na Coruña Categoría:Estradas de Galicia sen imaxes