Pola de SieroBiografía de Camilo González Suárez-Llanos, Academia.gal, A Pola de Siero (en asturiano e oficialmente La Pola Siero) é unha parroquia do concello asturiano de Siero, España, e unha vila de devandita parroquia. A vila é a capital do concello. No ano 2014 contaba cunha poboación empadroada de 12 755 habitantes. Pola de Siero está situada no centro do municipio, estando este este no centro de Asturias, e en particular na área metropolitana da coñecida como Cidade Astur, con máis de 800.000 habitantes. Rodeada de importantes comunicacións como a autovía A-64 que a comunica coa capital do Principado en só 10 minutos (15 Km); tamén 45 minutos do oriente asturiano, cabendo destacar que se atopa moi preto de todos os polígonos industriais do centro de Asturias. Tamén pasa polo seu perímetro a AS-1 (Autovía mineira) que a comunica con Xixón noutros 15 minutos (dista 16 Km) e noutros 15 minutos das Concas do Nalón e do Caudal. dereita|miniatura|250x250px|Parque da Pola É unha das poucas zonas de Asturias, xunto con Oviedo e Xixón, que segue a gañar poboación, a pesar da drástica caída da natalidade asturiana, deixando en niveis moi baixos a taxa de mantemento da poboación (aproximadamente, un terzo desta).
Entre as súas festividades destacan as do Carmín (luns seguinte á festividade da Virxe do Carmen, en xullo), Comadres (xoves previo ao mércores de cinza) e Güevos Pintos (martes seguinte ao domingo de Pascua). Ademais, a fin de semana previa ao martes de Pascua celébrase un Mercado Tradicional.
O casco antigo da Pola de Siero aínda conserva zonas arquitectónicas tradicionais que resultan atractivas para o turismo da vila.
Demografía
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xeografía de Asturias Camiño de Santiago da Costa Demografía de Asturias Igrexa de San Pedro (A Pola de Siero)
Ligazóns externas Páxina do Concello de Siero
Categoría:Parroquias de Siero