A estrada nacional N-642 é unha vía de 50 km que vai desde Ribadeo até San Cibrao (Lieiro).
Trazado Nace na aldea de Porto de Abaixo, no límite con Asturias, nun cruzamento coa N-640 preto da Veiga. Sobe en paralelo á Ría de Ribadeo, alcanzando esta localidade a uns 10 km tras un sinuoso pero apreciado percorrido.
Desde esta localidade, coincide coa N-634 (e perde o nome ó seu favor) até un cruzamento á saída da localidade de Barreiros (km 25), onde se separa de novo, tomando a dirección Foz. Nos últimos anos reforzouse e ampliouse o firme e fixéronse ademais as variantes de Foz e Burela, necesarias polo volume de tráfico que soporta a estrada, vía principal de comunicación da Mariña luguesa.
Ao chegar á localidade de San Cibrao (km 55), atópase unha intersección na que a N-642 xira á dereita para chegar á factoría de Alcoa, converténdose na LU-142. A estrada que dá continuidade á N-642 desde a intersección de San Cibrao denomínase LU-862, con competencias asumidas pola Xunta de Galicia.
Referencias
Categoría:Estradas nacionais de España N-642 N-642 Categoría:Estradas da provincia de Lugo