A 102ª edición da Liexa-Bastogne-Liexa disputouse o 24 de abril de 2016 con saída e chegada na cidade de Liexa, logo de pasar pola cidade de Bastoña. O percorrido estaba deseñado sobre unha lonxitude de 253 quilómetros, pero foi acurtado a 248 pola mala climatoloxía e contou con 10 "muros".

Este foi o cuarto monumento da tempada e a décimo terceira carreira do UCI WorldTour 2016.

O gañador foi o holandés do Team Sky Wout Poels que se impuxo no sprint final ao suízo Michael Albasini e ao portugués Rui Costa despois de botar 6 horas 24 minutos e 29 segundos enriba da bicicleta.

Equipos Na competición participaron 25 equipos. 18 do UCI WorldTour e 7 da categoría Profesional Continental. Comezaron un total de 200 ciclistas (8 por equipo), dos cales finalizaron a proba 154.

UCI WorldTour Equipo País Código AG2R La Mondiale ALM Astana AST BMC Racing Team BMC Cannondale CPT Dimension Data DDD Etixx-Quick Step EQS FDJ FDJ Giant-Alpecin TGA IAM Cycling IAM Team Katusha KAT Lampre-Merida LAM LottoNL-Jumbo TLJ Lotto-Soudal LTS Movistar Team MOV Orica-GreenEDGE OGE Team Sky SKY Tinkoff TNK Trek-Segafredo TFS

Profesional Continental Equipo País Código Bora-Argon 18 BOA Cofidis COF Direct Énergie DEN Fortuneo-Vital Concept FVC Roompot–Oranje Peloton ROO Topsport Vlaanderen-Baloise VSB Wanty-Groupe Gobert WGG

Clasificación Pos Ciclista Equipo Tempo 1º Wout Poels Team Sky 6 h 24' 29" 2º Michael Albasini Orica-GreenEDGE m.t. 3º Rui Costa 25px Lampre-Merida m.t. 4º Samuel Sánchez BMC Racing Team + 4" 5º Ilnur Zakarin Team Katusha + 9" 6º Warren Barguil Giant-Alpecin + 11" 7º Roman Kruziger Tinkoff + 12" 8º Joaquim Rodríguez Team Katusha m.t. 9º Bauke Mollema Trek-Segafredo m.t. 10º Diego Rosa Astana m.t.

Véxase tamén Outros artigos Clásicas das Ardenas Liexa-Bastogne-Liexa

Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Ciclismo en 2016