Colera é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, que forma parte da comarca do Alt Empordà. Atópase no norte da Costa Brava, entre Portbou e Llançà.
Tiña en 2015 unha poboación de 533 habitantes. É un concello independente dende 1936 cando se segregou do concello de Portbou.
A súa economía baséase no turismo. Ten numerosas praias como as de Garbet, Burró, Assutzenes, Portes, Morts, en Goixa e cala Rovellada. Hai varios hoteis, un cámping e dúas urbanizacións: Sant Miquel e la Rovellada.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web do concello
Categoría:Concellos da provincia de Xirona