dereita|miniatura|Luís Davila pintando o personaxe de Dora na entrega do Premio Trasalba. Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu,«Hablamos con Luis Davila» . é un deseñador gráfico, pintor, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo.http://obichero.blogspot.com.es/
Traxectoria Estudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria.
Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos.
O Bichero I, 2014. ISBN 978-84-617-1501-5. O Bichero II. Outra ronda!, 2014. ISBN 978-84-617-1504-6. O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014. ISBN 978-84-617-1505-3. O Bichero IV. Menudo día, 2014. ISBN 978-84-608-1999-8. O Bichero V. Living a vida loca, 2015. ISBN 978-84-606-7418-4. O Bichero VI. Ti sacha!, 2016. ISBN 978-84-608-7545-1. O Bichero VII. De punta a chicote, 2017. ISBN 978-84-697-7050-4. O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018. ISBN 978-84-09-06374-1. Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.
Canda o actor Carlos Blanco Vila, fixo os espectáculos Menú do día e Menú da noite.«Luís Davila e Carlos Blanco recuncan con Menú da noite» CCG, 7/4/2016.
É autor tamén de abondosas pinturas de gran formato, cuxas láminas e cadros ten presentado en diversas exposicións.
Recoñecementos Premio San Martiño de normalización lingüística (2014), convocado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada. Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua na 6ª ed. (2016), convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL)."O galego, nas boas mans de Migallas Teatro e Luis Davila" 27/2/2016. Varias edicións do Premio Fervenzas Literarias. Premio Trasalba (2023)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Banda Deseñada CCG.
Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Faro de Vigo Categoría:Nados en 1972 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Premio Xoán Manuel Pintos Categoría:Personalidades da banda deseñada de Galicia Categoría:Deseñadores gráficos Categoría:Premio Trasalba