Os quimbayaEntrada quimbaya en Digalego son unha etnia e cultura indíxena colombiana famosa pola súa produción de pezas de ouro de alta calidade e beleza. Cara ao 1530 estaban organizados na chamada federación quimbaya, centrada arredor da cidade de Chinchiná. Esta federación opuxo unha forte resistencia armada ós españois, e malia a súa derrota, continuaron existindo até o 1700, cando desapareceron como grupo recoñecible.
Territorio miniatura|250px|esquerda|Territorio histórico do pobo quimbaya. miniatura|Culturas precolombianas do suroeste colombiano. A cultura Quimbaya é o número 1.
Cando chegaron os españois, o pobo quimbaya vivía no interior e nos arredores do que hoxe se coñece en Colombia como o eixo cafeteiro, nos departamentos de Caldas (sur: Chinchiná, Palestina, Villamaría, Manizales), Risaralda (sur: Pereira, Marsella, Santa Rosa) e Quindío (norte: Armenia, Quimbaya, Montenegro, La Tebaida, Salento, Circasia) nos concellos de Cartago e Obando, ó norte de Valle del Cauca.Friede, Juan 1963 Los Quimbaya bajo la dominación española. Segunda edición, Bogotá: Carlos Valencia Editores, 1973, p.13
Os máis antigos ocupantes da rexión Quimbaya desapareceron contra o século X e coñécese moi pouco sobre eles. A ourivaría finamente desenvolvida que se atopou dos quimbayas sinala que dende unha época moi antiga posuíron un alto grao de desenvolvemento cultural.
Conquista A conquista española do territorio quimbaya comezou en 1539 e someteu ós indíxenas ó servizo dos encomenderos. En 1542, produciuse a primeira rebelión quimbayaFriede, J. op.cit. p.p. 53-70 e en 1577 a segunda,Friede, J. op.cit. p.p. 77-96 que chegou a adquirir maiores dimensións. Derrotadas ámbalas rebelións, se produciuse unha continuada diminución da poboación quimbaya, de xeito que no 1559 xa desapareceran o 55% dos cacicados.Friede, J. op.cit. p.107 Os traballos forzados, a desnutrición, as enfermidades e finalmente a guerra dos pijaos contra os españois, da que foron vítimas, acabaron con eles, de xeito que o último censo dos quimbayas, en 1628, rexistrou só 69 tributarios, nunha zona onde en 1539 se rexistraran 20 mil.Friede, J. op.cit. p.267
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tesouro dos Quimbayas Historia precolombiana de Colombia Ligazóns externas Quimbaya. La gente y el oro en el Cauca Medio Milenios de historia en el Cauca medio Artigo sobre a Historia da conquista española dos Quimbayas
Categoría:Pobos indíxenas de Colombia